sae pra min. SÓ pra min. unha milésima de segundo. é o único que quero, é o que quero.. ese anaquiño de tempo que me pertence tan só a min. e remóvense os meus cimentos. ábrense as contras, as fiestras, as portas. entra a luz imparable. todo se transforma devagar, sen apuros de última hora. e despois de días e días de escuridade, esa luz que me dá a vida. creo que me quedaría así ata a fin dos tempos. quieta, sen moverme, en paz, mentres a luz do sol se estrella contra as miñas pupilas, mentres me bica as meixelas...

non é miña, pero é miña. é a miña luz. dá igual gañar ou perder. agora mesmo non necesito nada máis para sorrir

Chuzame! chuzame -