
xúrome que non vou volver probar o l.c. nunca máis. e o estómago revólvese furioso mentres eu, máis pequena do habitual e anicada sobre a taza do váter fago malabarismos pra non expulsalo a el tamén. a boca aberta, os ollos pechados, veleno saíndo do meu corpo, a comida de todo o domingo. bágoas polo esforzo sen que chame por elas. suor frío, tremer coma un vimbio, os meus brazos firmes botando raíces na taza, aguantando a cabeza. e penso no pouco que valoramos a saúde, ata que a perdemos. no mal que o debeu pasar meu pai, digan o que digan ninguén estivo na súa pel, só el sabe as que pasou. e penso no que me gustaría que miña nai estivese comigo, aguantándome a cabeza mentres boto os fígados pola boca, ou facéndome algunha sopiña mentres eu durmo tirada no sofá para recuperarme. e que aínda que hoxe non estea aquí só teño que coller o teléfono pra falar con ela.
á novena o corpo fica baleiro e volve a paz. métome en cama esgotada. non fuches xusto... murmuro en voz baixa antes de que Morfeo me coide.
as cousas das que menos falamos son as que máis doen
chúzame -
novembro 27th, 2006 at 11:08 pm
Non te ofendas se digo que creo que oín máis dun milleiro de veces o de que non volverás a beber licor café.
Por certo, hai algo xusto? Polo menos a xustiza poética non existe…
novembro 27th, 2006 at 11:17 pm
O lk é o que ten…A resaca máis fodida que existe…
novembro 28th, 2006 at 10:26 am
Valente foto, aínda que a pucha, enriba da cabeza en vez de facendo compaña á escobiña, faime remirar..
O licor café é o MDMA dos alcoles. É festeiro, locuaz e empático. Ese caloriño, ese punto “speed”. Só ten un pero, i é que che pode arruinala vida (ou non) porque ten un enganche poderoso. Moi poderoso. Eu fago estes días 2 anos e medio en dique seco, noraboa, grazas ;). Lendo esa relación de síntomas púxoseme un nudo retroactivo na gorxa. Só ten coidado, o l.c. é moi perigoso en almas sensibles, e pódeste aforrar un inferno, de verdade, terrible. Con ese alento non che dou un bico…XD
novembro 28th, 2006 at 10:49 am
non sei exactamente se foi toda a culpa do l.c., pq non é non moi normal saír un sábado e acabar vomitando o luns… o que é seguro que parte de culpa si que tivo. a parte diso que levaba un mes sen saír e a derradeira vez que probei o l.c. foi hai case dous meses e sen danos colaterais (as cantidades inxeridas foron moito menores…) e vese que o meu corpo se revela e que non quere máis l.c. foi bonito mentres durou…
ás veces non é tan inxusto…
a peor das resacas e o peor dos alentos. un noxo.
de todo e de tod@s se aprende, non si?
un saúdo ao tres!
novembro 28th, 2006 at 10:52 am
ah, que a foto non é miña, jejeje. pero podía ser eu tranquilamente. eu estaba en pixama.
novembro 28th, 2006 at 11:07 am
O licor café é a comunião dum jantar galego. Mas, como sucede com todos os licores, há que ser prudente com a ingesta. As ervas são iguais de letais en doses ainda menores!
Estou com Termi: todos fizemos essa promessa alguma vez e sempre nos lembramos dela quando estamos em processo de agarrar a seguinte “prea”. É lei de vida, algo inevitável, como a morte e os juros. Mas para alguns dos inconvenientes da resaca há algum remédio: para o estómago, prova com isto: http://www.nlm.nih.gov/medlineplus/spanish/druginfo/medmaster/a693050-es.html
Mano de santo…
novembro 28th, 2006 at 4:53 pm
Eu tamén collín unha un día. De champán fora. Tremendo. Eu daba voltas arredor de todo, o retrete non facía máis que metérseme na cabeza, a ducha fría perseguíame por toda casa e o café quente e cargadiño dábame ganas de tomar máis champán. Polo demais, non había ningún ruído que me levantase dor de cabeza. Xa digo. Tremendo.
Dende aquela, non volvín coller outra e ao champán quítolle o gas todo cun escarbadentes dobrado.
novembro 28th, 2006 at 9:46 pm
eu prefiro non lembrarme da ultima asi, q non fai moito. mais o l.c. é o mellor q hai para a tristeza da alma e o peor para a do fisico. as veces penso que o mundo seria perfecto se fose sempre un subidon de l.c continuo.
non te adaptes o lk, be lk my friend.. jajaja, que diria o tungi!
novembro 28th, 2006 at 10:29 pm
jajaja de verdade, xamais pensei que daría para tanto unha resaca jeje. en fin, véxovos a todos moi postos no tema! si, na próxima saída terei máis coidado, moito máis. graciñas por preocuparvos e polos consellos. non serán esquecidos.
un abrazo a todos!!
P.d: que pasa, que aquí só falan homes?? jejej