
un don. empatía mutando en algo moito máis grande. inexplicable. maxia en estado salvaxe. ti non cres, pero eu si. creo en todo o que ve, sinte e percibe o meu corazón. e nun momento todo encaixa. todo é. os ollos que nunca menten. o aparentemente inexistente, o que todos esconden do mundo. pero eu podo velo... o que calas, os xestos, o ton de voz, os círculos, os medos, a realidade que é moito máis bonita do que a rutina che deixa ver. a beleza do invisible. toda a vida derrubando os muros que os que quero constrúen para protexerse do mundo, da realidade, deles mesmos. saber cousas que é imposible que eu saiba. saín á rúa pra que me dese o aire. unha explosión dentro do meu corazón. falar cunha sinceridade que me fai libre. a persoa que son e a persoa que podo chegar a ser. os medos vanse. EL tiña razón, son a Maga. e dareiche os tesouros da (miña) alma se me deixas
... se cres en min.
chúzame -
novembro 27th, 2006 at 7:46 pm
Que bos os Depeche Mode.
Buah, tiña abandoado este blog, jejje :P.
novembro 27th, 2006 at 10:53 pm