abriuse unha fiestra e o trebón comezou. aburríame en clase, andaba perdida no que vou escribir, unha droga quítase con outra... así que... a DROGARME, a escribir ata que me rebenten as mans. saio de clases e todos fuxen da chuvia. eu non. móllome. e o vento xogando a meterse debaixo da miña camiseta, como un amante silencioso que nunca confesa o que sente. pequenos ríos de auga nacen sobre o chapapote negro. beleza en estado urbano. e síntome ben. nada pasa. volvo a camiñar pola vida con paso firme. volvo atrás no tempo e viaxo ata 1999. espérome á saida do colexio. e saio e eu cos meus quince anos quédome ollando para min con 21. recoñecinme. cruzamos a rúa e abrazámonos. é o abrazo que sempre quixen darme a min mesma. o vento tráeme de volta a Lisboa. ule a auga. drógome con ese olor. unha droga quítase con outra. e vouno facer. vouna matar, vouna asasinar lentamente dentro do meu corazón. sigo a mollarme e ver o brillo da humidade sobre a estrada. hai unha racha no medio e medio que ninguén ve. pártese, ábrese a terra e o ceo. nace a distancia, o esquecemento. medra o río e faise mar, océano. salitre no medio, mareas, peixes, sereas. e no peito tan só me queda unha cicatriz: a beleza do que non foi. camiño e vexo mil bolboretas brancas arredor de min cantando e sorrindo. "todo está ben". subo no metro e a miña imaxe reflectida a porta do vagón, orgullosa, tranquila:"non pode ferirte pq xa decidiches que non vai ser así, non esquezas que levas unha coraza impenetrable polas balas de prata, NON O ESQUEZAS NUNCA" mírome e véxoa. síntoa latindo dentro de min. igual que hai un ano. e as bágoas asoman. é a fe en min mesma. xa escalei unha vez o Himalaia, fareino de novo. e entón lémbrome de todo o que fun noutras vidas, de todo o que xa conquistei sen sabelo. fun o cabalo salvaxe, indomable que recorreu o mundo enteiro correndo sen parar. fun un apache loitou contra os ianquis. a muller da que se namorou Bethoven. o lobishome que sobreviviu a todo. o anxo que quixo ser muller. o barco co que Vasco da Gama percorreu o mundo. o Big-bang. o violín co que Pachabel tocou por primeira vez o seu canon. os ollos cos que Miguel Anxo imaxinou a Capela Sixtina. a forza interior de William Wallace cando berrou LIBERDADE. o carballo milenario que vive agochado de todos na Galiza profunda. a montaña da que sacaron a pedra para construir a Catedral de Santiago. si, eu son a Deusa das Pequenas Cousas. aí está a miña forza. saber quen son, quen fun. o demais xa non importa. nada pode ferirme se eu creo en min. absolutamente nada. son o ave fénix que renace, que resucita diante dos teus ollos a cada instante. por iso volverei a ser libre para correr libre pola miña cidade, polos prados segredos da miña aldea, polos carreiros que levan cara o castelo. volverei a tirarme sobre a herba mollada mirando cara o ceo ennegrecido nas tardes de treboada sen ter mono. volverei a abrazarme aos carballos da carballeira que hai por tras do campo da festa. volverei a voar sobre as dúas rodas da miña bicicleta. volverei a quedar durmida mentres a lúa entra coa súa luz pola miña fiestra para velar os meus soños. volverei a dedicarme a ler libros durante as 24 horas do día. volverei a ser a nena que aconsella aos meus pais. volverei a ler en voz alta diante de todos. volverei a bailar cos pés espidos polas festas con Aransa. volverei a escribir cartas para Osiria ata o amencer. volverei a ser a mellor amiga de miña irmá. volverei a durmir soa sen necesitar a ninguén. volverei a escaparme para colarme nos soños de todos. volverei para viaxar en coche con Quela coa fiestra aberta ata Muros. volverei para aprender a conducir. volverei para que Matadragóns se namore de min, para que todos se enganchen de min. volverei para cear ao aire libre. volverei para descubrir eu soa a Vigo. volverei e volverei. a droga quédase aquí, non pode alcanzarme, xa non pode(s) ferirme.

LIFT ME UP

Plain talking (Plain talking)
Take us so far (take us so far)
Broken down cars (broken down cars)
Like strong out old stars (like strong out old stars)

Plain talking (Plain talking)
Served us so well (served us so well)
Travelled through hell (travelled through hell)
Oh how we fell (Oh how we fell)

"Lift me up, lift me up
Higher now i´m upper"
"Lift me up, lift me up
Higher now i´m upper"
"Lift me up, lift me up
Higher now i´m upper"

Plain talking (Plain talking)
Making us bold (making us bold)
So strong out and cold (so strong out and cold)
I´m feeling so old (feeling so old)

Plain talking (Plain talking)
Has ruined us now (has ruined us now)
You never know how (you never know how)
Sweeter then down (sweeter then down)

"Lift me up, lift me up
Higher now i´m upper"
"Lift me up, lift me up
Higher now i´m upper"

Lift me up, lift me up
Oh la la la la
Lift me up, lift me up
Oh la la la la

Chuzame! chuzame -