as miñas nenas and basado en feitos reais23 nov 2006 08:05 pm

colgada do teléfono, bla bla bla. analizar, supoñer, soñar, intuir, ansiar... odio falar por teléfono, aínda que ás veces, non queda outra. e ata parece que teño a Ro aquí comigo, sentada na miña cama e mírandome fixamente. e ti que queres? silencio. a luz do flexo, a habitación en penumbra, estou cómoda, ben. tranquila e en paz. e as palabras saen da miña boca limpas e cristalinas. coma un raio de sol despois da tormenta. voz serena, equibrio perfecto. xa o dixeches ti todo. e eu sorrío polo teléfono. sempre teño medo de dicir as cousas en voz alta porque todo se define e volve real.
e non sei se me vas crer ou non, pero esta mañá vin o raio verde
chúzame -
novembro 24th, 2006 at 6:56 pm
qué marabilloso tén que ser velo…
novembro 29th, 2006 at 8:41 am
Levo desde os nove anos intentando velo e nada