insomnio, reencontros, bombas atómicas e música
o bus da miña Ro chegaba con retraso e cando o vin chegar boteime a correr como se pensase que fose a escaparse. abraceime a ela todo o que me deixou o meu corpo. ríase, sorría e eu comprendía que levo dentro de min esa música. íanse a mesturar os meus dous mundos. fotos para aquí, fotos para aló. e confesións a media noite. venres e chega Uxi e Xoela que se lle cae a baba... viva o amor fraternal!!chegou o venres e saimos. prometérame a min mesma que ía arrasar e arraseime. entregueime en corpo e alma ao momento, ás bromas, á música, aos sorrisos, a bailar. entón pasou o que tiña que pasar. a bomba atómica rebentou dentro de min. rebenteina eu porque xa non podía máis con ela. fun o meu propio refuxio nuclear. radioactividade por dentro, segredos do meu corazón. e por fóra chumbo, bágoas de azufre. escondinme no egoísmo e useino sen que el se dese conta para darlle ciumes á bondade. tan metida no meu papel que para min non existiu a furgalla que case me traga cando crucei a rúa sen mirar. e como sempre, despois da tempestade, a calma. o meu corazón latindo ao ritmo de bossa nova. derbi Benfica-Sporting e cena cos das Azores. Ro e Xoela sentadas fronte a min. vólvome unha cámara dixital e grabo esa imaxe na retina do ollos. fabrico recordos. non se dan conta, non me ven espiándoas, léndolles o pensamento. Ro marchou hoxe pola mañá. non me doeu vela partir, non o sabe, pero queda aquí comigo. non foi unha despedida triste, foi un ata pronto. fuxo das bágoas que asoman no metro cando sen querer collo dous billetes, un para ela e outro para min. rio para min. a amizade non é estar sempre, a amizade é cando estamos aínda que non esteamos de corpo. déixome levar pola música do Robert Miles no metro, voo con ela. levito, transfórmome nela. baixo e xusto antes de chegar a casa, cando pensaba naquilo de que a peor das dores é a da Ausencia, a dor do membro fantasma, mentres pensaba que por moito que eu crea nela hoxe non me sinto así vexo que unha multitude que só podía ser a tribo de Dido, os Braidy como lles chamo eu.
pola tarde marchamos ao Colombo, Xoela, Uxi e eu. montamos no Meteorito e depois de cumplir con outro dos meus vicios (o de berrar ata acabar sen voz) fartamos de pasear polo Colombo, "o centro comercial máis grande de Europa". como me gusta esa sensacíón de vertixe no estómago subindo e baixando polo meu corpo, igual que cando estás namorado. sentirme igual ca unha pedra lanzada contra o universo, caer en picado, mirar cara o ceo e só ver nubes. mirar cara abaixo e só ver chan e descubrir unha e outra vez que non me faría ningunha gracia acabar coma un ovo escarallado contra o chan. descubrir, redescubrir, comprobar que me encanta vivir. quero repetir!
eu non sabía nada, Uxi colleu e leu o libro case dun tirón. porque a xente se engancha co que escribo? e hoxe rematouno. eu devoraba macarróns con atún mentres a vía buceando polos meus mundos. e sorri e sei que non me mente. e penso no lonxe que vai chegar esta nena-muller. recórdame a aquela nena do colexio que eu adoraba pq non era do mellor, pq era todo o que eu non podía ser daquela, aquela da que eu sempre quixen ser amiga. non hai maior pracer que pregúntame que cando comecei. ás penso que é unha evolución. que nacín escribindo, por e para escribir. respiro e escribo. durmo e estou a escribir. soño e estou a escribir. vivo e estou a escribir a novela da miña vida. eu son o libro da miña vida. e non sei como explicalo, é un amor perfecto, o mellor de todos. todo na súa xusta medida. eu confío nela e el en min. non fai falla dicir nada. non é necesario. ela búscame e eu a ela. cousas nosas...
Y fue a esa edad... Llegó la poesía a buscarme. No se, no se de donde
salió, de invierno o de río
No se como ni cuando
No, no eran voces, no eran
palabras, ni silencio
pero desde una calle me llamaba
desde las ramas de la noche,
de pronto, entre los otros
entre fuegos violentos
o regresando solo,
allí estaba sin rostro
y me tocaba.
din que a vida é unha soidade compartida, por iso, esta noite toca durmir coa cama para min soa. e ireime outra vez a buscar herbas de namorar, a colarme nos soños doutros para dar os bicos prohibidos, ireime a oulearlle á lúa, ireime correndo e berrando de alegría. correndo cara a luz do amencer
chuzame -
Maio 16th, 2005 at 2:26 pm
Eu enténdote Aultre, eu sentín exactamente o mesmo cando os meus amigos viñeron visitarme, e é que a amizade é poderosa, porque un amigo é aquel quen de transmitirte ánimos cando máis os necesitas, de alegrate cando estás triste e de divertirse contigo cando gozas do vicio que é a diversión, xa o di a canción:
“Bridge Over Troubled Waters”
When you’re weary, feelin’ small
When tears are in your eyes, I will dry them all.
I’m on your side, Oh, when times get rough
And friends just can’t be found.
Like a bridge over troubled waters
I will lay me down.
Like a bridge over troubled waters
I will lay me down.
When you’re down and out, when you’re on the street
When evening falls so hard, I will comfort you.
I’ll take your part, Oh when darkness comes
And pain is all around
Like a bridge over troubled waters
I will lay me down.
Like a bridge over troubled waters
I will lay me down.
Sail on children, sail on by
Your time has come to shine, all their dreams are on their way
See how they shine, Oh when you need a friend
I’m sailing right behind
Like a bridge over troubled waters
I will ease your mind
Like a bridge over troubled waters,
I will ease your mind.
I’ll ease your mind.
Moitos bicos de unha amiga!
Maio 16th, 2005 at 6:57 pm
Preciosa, de quen é a canción? xD
Graciñas por estar sempre aí!!
Maio 16th, 2005 at 7:23 pm
Qué guay tia, encantoume este comentario, en serio, eres a ostia, xa sei que últimamente non te escribo moito pero xa sabes o que penso! Sigue asi!!! Pero sen rayadas ehhh!! Así de este estilo molan máis!!jajaja. Ahhh, por certo escribin dous relatos en portugués, dos que me sinto orgullosa, a ver qué pensas!ç
Prepárate que a partir do xoves teño que desestresarme de tantas cousas…. jajaja.
Hay una calle que lleva tu nombre
en la ciudad del viento
Soy veraneante accidental
en la ciudad del viento
En todos los lugares te encuentro
QUIQUE GONZÁLEZ
Maio 17th, 2005 at 12:14 am
A canción é de Simon & Garfunkel, non sei se os coñeces, pero é un grupo dos meus favoritos, ou era un grupo… porque hai moitos moitos anos que deixaron de tocar… nin xuntos nin separados… é unha pena! son moi bos. Jinhos
Maio 18th, 2005 at 12:18 am
ben, obrigada pola información. si que os coñezo, pero non sabía que a canción era deles
saúdos