onte choveu e onte, de noite, en soños, veu a bicarme. non lembro a cara, nin o nome. non sei se realmente coñezo a ese alguén ou se o meu inconsciente o inventou todo. discutíamos por algunha cousa seria e eu estaba a piques de botarme a chorar. e entón pasou o milagre (digo "milagre" porque asi foi como sentín aínda que non sei quen era). bicoume. bicoume e eu sentín o universo na punta dos beizos. coñecía o seu olor, o seu sabor, a súa lingua. non podía moverme. suaba da intensidade. estaba paralizada pola inmensa sensación de liberación, de poder, de amor... abalanzouse sobre min. foi como se naquel mesmo instante tivese vivido toda a evolución do universo. dende o big-bang até onte pola noite. sentino TODO. e cando digo TODO é TODO. non podía falar, estaba no paraiso, no ceo, na gloria, no limbo. soñábao e eu pensaba que era real. estaba a selo. igual que cando un soño se fai de carne e óso e non podes crelo. non era só un bico, non foi só algo físico. había máis, moito máis. eu estaba dentro dese alguén e ese alguén dentro de min. era máis que electricidade, máis que simple pracer. pode soar a esaxeración e non me importa, creo foi o máis intenso que vivín na miña vida. aquel bico. o mellor soño de todos os vividos.

espertei pola mañá e entón foi cando me din conta de que estivera a soñar. non podía crelo. soñeino? non me dera conta de que o soñara. estiven todo o día a darlle voltas, realmente foi un soño? cheguei á conclusión de que alguén se colou nos meus soños e me bicou. porque, vale, foi un soño, pero o que eu sentín era doutro planeta... ademais, que sei que había alguén polos baixos fondos da miña mente.

quen era ese alguén??

Chuzame! chúzame -