aliviada e sorrinte volvín para Atenas. perdinme en librerías mirando libros e máis libros. paseei soa, fun á Ponte ver á familia. acóstome cedo. estudio todo o sábado. pola noite de esmorga. non sei que me pasa que non podo deixar de sorrir. síntome ben. e no Trole a Pipiola que me sauda en francés. ando despistada e poño cara seria. reaccionar. cumplir a promesa do chupito de licor café. risas. lémbrome dos meus 17. volver a bailar. vexo a Doraemon e xa teño plan para esta noite: roubarlle un par de bicos. case o consigo, pero algo falla. rállase e quere marchar. ao final consigo sonsacarlle que lle gusta outra rapaza, unha amiga. e por que non llo dis? sáeme da alma. eu son moi covarde... intento convencelo, non hai maneira. deixo que marche, eu adoro os valentes; covardes hai moitos... xa vou como unha nasa. acabamos no Rock Club. bailo e bailo. déixome as pernas na pista. só hai unha frase que se axuste ao meu estado de ánimo. e esa foi a miña resaca domingueira.

Chuzame! chúzame -