
aliviada e sorrinte volvín para Atenas. perdinme en librerías mirando libros e máis libros. paseei soa, fun á Ponte ver á familia. acóstome cedo. estudio todo o sábado. pola noite de esmorga. non sei que me pasa que non podo deixar de sorrir. síntome ben. e no Trole a Pipiola que me sauda en francés. ando despistada e poño cara seria. reaccionar. cumplir a promesa do chupito de licor café. risas. lémbrome dos meus 17. volver a bailar. vexo a Doraemon e xa teño plan para esta noite: roubarlle un par de bicos. case o consigo, pero algo falla. rállase e quere marchar. ao final consigo sonsacarlle que lle gusta outra rapaza, unha amiga. e por que non llo dis? sáeme da alma. eu son moi covarde... intento convencelo, non hai maneira. deixo que marche, eu adoro os valentes; covardes hai moitos... xa vou como unha nasa. acabamos no Rock Club. bailo e bailo. déixome as pernas na pista. só hai unha frase que se axuste ao meu estado de ánimo. e esa foi a miña resaca domingueira.
chuzame -
Outubro 30th, 2006 at 11:05 pm
A ver cando aprendemos a non darlle consellos ao tipo co q nos estamos liando do tipo: gústache outra? Pois dillo!!
Ai pequeno saltamontes, empeza a mirar por ti e deixa de resolverlle a vida ós demais!
Un saúdo pequena!
E vai pa cama!
Outubro 31st, 2006 at 12:00 am
eu quero estar así na noite esta de meigas que din que é mañá! ;b
e creo que non me vai custar moito
Outubro 31st, 2006 at 12:53 am
jejeje pequeno saltamontes jejejejje xa… Doraemón Cabrón!!
Outubro 31st, 2006 at 10:19 am
Pois eu creo que vin á túa irmá, pero a ti non te vin. Mágoa! Non sei francés pero creo que tamnén nos entendemos. Un bico!
Outubro 31st, 2006 at 2:19 pm
Bonne nuit! Parlez-vous français?jeje a verdade e que ó principio dechesme algo de medo..toda seriota!jeje pero logo…..ToliñA!!
á proxima invito eu!un bico.
Outubro 31st, 2006 at 7:01 pm
Noite, víchela??? estiveches en Ou??? jo, pois eu andaba con ela!!! onde a viches??? TESME QUE CONTAR!! biquiños!
claro, claro, eu toda seria, jajaja, non ves que xa ando senil perdida?? ai! por que non viches a cara que se quedou a ti!! que parecía que che dera un infarto! miña pobre…
iso, á próxima invitas ti! outro biquiño!