Â
nunha arroutada voume ata o porto. pasear. oler o salitre. vixiar a outros solitarios coma min. o barquiño pra Canjhas. unha tregua co teléfono e chamala. falo apurada, nerviosa, como unha nena pequena. sorrÃo. outra vez escoito esa voz tranquila e serena (dentro do que cabe, claro). parezo unha locomotora, falando sen parar, como se estivese a darlle a lección á profesora. chegouche a carta? ups, pois non sei porque non mirei, despois xa o fago. [merda! como non lle chegue mato aos de Correos!!!!] que o luns vén a buscar algúns apuntes e que despois de pasar a ponte xa regresa. voume completamente ida. esculturas en PrÃncipe. un neno duns tres anos fai que lle pega unha patada a un señor que pasa. cara de pillo. a moza que está con el cólleo do chan simulando enfado. fáille cóxegas. cando os adianto pásolle a man polo pelo. el mÃrame sorprendido. non é o ollar dun rapaciño, é o ollar da persoa que será de maior. paro no super a mercar queixo e pementos de piquillo. cando lle estou a pagar á caixeira, sen saber ben por qué, saco o móbil da chupa pra miralo. sempre o teño sen sonido e cando recibe sms ou mms non vibra.
1 MMS novo
boh, han ser os pesados, que só saben mandarme publidade, vas ver ti... era ela. o carteiro non me fallou. volvo pra casa levitando e sorrindo como hai moito que non fago. alivio. é o Sol que xa comezou a saÃr...
chúzame -
2006-10-28 at 5.21 pm
Cousiñas insignificantes que nos enchen de felicidá…
2006-10-28 at 5.32 pm
o segredo da felicidade son as cousas pequenas, os detalles
2006-10-28 at 8.01 pm
A felicidade está detrás da consecución de cada espectativa.
2006-10-29 at 1.37 pm
Como me alegro que vaia indo a mellor. Teño ganas de vela. Maña non sei que lle vou dicir, nin que farei. Se abrazala, ou facer coma se non pasase nada. Limitarme a comentarlle o aburrido da semana ou preguntarlle como esta… Nestes momentos eu tampouco e q se xa un bo apoio…
Intentarei estar a altura.
2006-10-29 at 4.46 pm
si, os detalles, que lindos, e que pronto nos esquecemos deles…
2006-10-30 at 11.52 am
ves como estiveches á altura!!! mira que es mona… jejeje
eu nunca me esquezo deles. anÃmate, vale? un biquiño!
2006-11-05 at 6.32 pm
Gracias Yoli, por suposto que estiveches a altura e inda máis.
so co feito de estar aà e escoitar, xa foi un grande alivio para min. veume xenial vir ata Vigo e estar con vós. agora xa temos mais tempo.
P.D: Nunca se me deu ben escrever sintooo, jejej