nunha arroutada voume ata o porto. pasear. oler o salitre. vixiar a outros solitarios coma min. o barquiño pra Canjhas. unha tregua co teléfono e chamala. falo apurada, nerviosa, como unha nena pequena. sorrío. outra vez escoito esa voz tranquila e serena (dentro do que cabe, claro). parezo unha locomotora, falando sen parar, como se estivese a darlle a lección á profesora. chegouche a carta? ups, pois non sei porque non mirei, despois xa o fago. [merda! como non lle chegue mato aos de Correos!!!!] que o luns vén a buscar algúns apuntes e que despois de pasar a ponte xa regresa. voume completamente ida. esculturas en Príncipe. un neno duns tres anos fai que lle pega unha patada a un señor que pasa. cara de pillo. a moza que está con el cólleo do chan simulando enfado. fáille cóxegas. cando os adianto pásolle a man polo pelo. el mírame sorprendido. non é o ollar dun rapaciño, é o ollar da persoa que será de maior. paro no super a mercar queixo e pementos de piquillo. cando lle estou a pagar á caixeira, sen saber ben por qué, saco o móbil da chupa pra miralo. sempre o teño sen sonido e cando recibe sms ou mms non vibra.

1 MMS novo

boh, han ser os pesados, que só saben mandarme publidade, vas ver ti...  era ela. o carteiro non me fallou. volvo pra casa levitando e sorrindo como hai moito que non fago. alivio. é o Sol que xa comezou a saír...

little by little

Chuzame! chuzame -