case igual ca un susurro, ou quizais máis doce. os imposibles disfrazándose entre a música e as sombras e deixandose vencer. son a súa dona. camiñei sobre a auga do Tejo e ninguén o viu. o universo nas células da miña pel. repirando, latindo. perdurando, nacendo e morrendo unha e outra vez nas rúas sen nome. a cidade, calada, foi a miña cómplice. sorrí cando empeza a saír o sol. falo e falo sen saber o que digo. non o miro pq os meus ollos non lle pertencen, xa teñen quen os entende. ollos de mel. soziebsonlem. para min, só para min. e por iso non vin como nacía o día.
en fin, noite acelerada na que lle metín unha patada SEN QUERER na boca a Xoela e na que saiu a miña habilidade para falar máis na conta
e acabamos, sen saber moi ben como, cun baboso con acoso e derribo à Xoela e a Dido facéndose a durmida no sofá, mentres eu fuxía coa Meigagz coa escusa de darlle un pixama para durmir. o resto é outro conto!!
chuzame -