
teño febre, exactamente non sei dicir canto. deliro levemente. non sei a quen lle escoitei dicir que namorarse é coma ter febre. é coma estar enfermo. e do que eu lembro pode ser que si. e lembro que só estiven unha vez namorada e con febre. hai moito? si, mil anos, tanto que non sei se foi real ou non. ou iso me quixo facer crer. eu tirada na cama, calor, virus, intentaba durmir e non podía. vixíabame trala porta entre aberta. sentía os seus pasos ir e vir. quedábase mirando durante varios minutos. eu facíame a durmida e sorría para os meus adentros, sen entender nunca por que raios se escondía. daquel conto xamais lle preguntei nada. fíxenme a tola. total, sabía de sobra que me ía mentir.
mágoa que para o namoramento non haxa menciña, tería aforrado moito tempo.
chuzame -
Setembro 28th, 2006 at 10:35 am
pero non terías aprendido nada…
Setembro 28th, 2006 at 10:40 am
ostras…! xa non me lembraba. moi moi CERTO xD e vaia se aprendín!
Setembro 28th, 2006 at 11:52 am
reitero o que se dixo aquí
aprender, aprender, aprender
moito
e volver equivocarse
!
apertasmoijrandes
Setembro 28th, 2006 at 11:58 am
Delirar coa febre! Eu eso seino facer moi ben. Que peliculas monto! Mágoa que esperte e non recorde nada. Xa sabes, durme cunha libreta ó lado. Así xa tes canteira para o próximo post.
Setembro 28th, 2006 at 1:32 pm
Tanto coma estar enfermo…. se cadra aceléraseche o pulso, sobe a presión sistólica, libéranse graxas e azúcares para mellorala capacidade muscular, aumenta a eritropoiese, o cerebro produce feniletilamina (familia das anfetaminas).
Cando o cerebro é inundado pola feniletilamina, este responde liberando dopamina, norepinefrina e oxitocina, co que comeza o traballo dos neurotransmisores que producen os arrebatos sentimentais. Estos compostos, combianados, son os que fan que dous namorados podan estar falando ou facendo porcalladas toda a noite sen a sensación de fatiga ou sono.
Ai Dios!! q si q é unha enfermidade!!
Setembro 28th, 2006 at 1:33 pm
Ah! esquecéuseme. E facer cochinadas adelgaza que tamén axuda jeje
Setembro 28th, 2006 at 5:54 pm
O_o mi madriña! jojojo mira que me rin co de “porcalladas” e “cochinadas”!!!!! jojojojo como se nota que sabes algo de temas médicos e de anatomía, non?
e aos demais, parece mentira que sexa eu a que ten a febre! quen o diría!! jejej
moitas grazas por alegrarme un día un pouco chunguillo