dálle a Pause. rebovina e se fai falla rompe a cinta. a milésima da centésima do segundo. o momento exacto no tempo en que o meu corpo se rinde e me lanzo aos teus beizos coma un asmático ao seu respirador. non pensar, non razonar. SENTIR. e o mellor é que ti tamén... ou máis.

 ando á procura do verso perfecto, o conto máis bonito do mundo. o camiño dos deuses e sei que só o escribirei despois de bicarte. e se mo dás non me importaría morrer aquí mesmo.

barullo, xente, música, risas, dúas respiracións que se alimentan. falar ao oído cos ollos pechados.

catro pares de pupilas que se cruzan. brillan. lume. calor. combustión espontánea da cabeza aos pés. unha partida de xadrez, contigo non me importaría quedar en táboas...

agora que xa tes todas as pezas só tes que encaixalas

un karaoke. a entoación perfecta. estou volvendo a sentilo?

a música a todo volumen. medio corpo fóra do coche na parte do copiloto. ollos pechados. outra vez polas rúas. berro. imparable. euforia.

mírome no espello, hai unha débeda que teño contigo, sorríome.

A AUSENCIA DO MEDO DÁ A FELICIDADE, quérela? a miña letra nun folio vello e dobrado sobre unha mesa. un sobre e un remitente que non se ve. uns pasos próximos, alguén que pon unha chaqueta e sae correndo

 

paran as imaxes e a xente murmura. sigo co corazón acelerado. estou nunha sala de cine. supúñase que chegara tarde, que aínda andaba a botar os tráilers doutros filmes. pero...que??? esa son eu!!! acaba e acenden as luces. érgome confusa, intentando deducir que é o que pasa. todos me miran. son eles!! todos os que coñezo, familia, amigos, compañeiros de clase, xente da aldea, algún veciño, case tod@s aos que coñezo. palidezo no medio das escaleiras da sala. que intentan dicirme?

espertar

Chuzame! chuzame -