aí de pé. sen saber que facer. beber? nin as ganas de bailar veñen. covarde, quizais máis ca nunca.
[pero esta tarde no coche o sol non paraba de lamber a miñas meixelas. coma un can fiel. bicos pausados con todo o sabor dun corazón]
un xigante ao meu lado. non se entera. sigo de pé, no mesmo pub. só quero fuxir. o rastro invisible, húmido do salitre na cara. e irremediablemente voume ata Florencia. outro xigante de pedra. perfecto. parado no tempo, eterno, frío, morno. infeliz. dan as catro e pouco. marcho a casa xusto antes de que o ceo rompa a chover. sempre volvo soa a casa, pero esta vez vou con medo. non quero atoparme con Eme. segues parecendo a moza máis triste da cidade. medo a que mo digan os seus ollos outra vez, porque o fun moito tempo. ás veces non podo evitar que pese máis o que foi que o que é.
hoxe non. e mañá tampouco. prometido. foi a noite na que as paralelas se cruzaron.
chúzame -
setembro 25th, 2006 at 9:26 am
O segundo xigante tena moi pequerrechiña. Será polo frío?
setembro 25th, 2006 at 10:03 am
jajajajajajajajajajaja