cantos segundos son dous anos? non sei, pero é o tempo que pasou dende que cheguei alá. ela, a cidade con alma de muller. mil recordos, mil fotos. o ano que cambiou a miña vida. sorrisos que eran cálidos coma unha manta en inverno. noites que se alongaban ata o amencer. aventuras contra a rutina. contarlle segredos á lúa dende algún mirador da cidade. tantas, tantas cousas... hai unha parte de min que quedou alí cando volvín. chámame en soños. volve, búscame. agora xa podes.

ganas de chorar e rir. que bonita é a saudade. que linda a miña lisboa.

"hoy me muero por volver"

 

Chuzame! chúzame -