pregĂşntome se mo nota nos ollos...

antes estabas dentro de min, deles, do meu iris, da miña alma, dos meus soños. agora non. estou libre. xa non tes o meu corazón nas túas mans aínda que nunca o querías cada vez que cho regalaba. como cambian as cousas... antes doíame ver a realidade, agora non podo deixar de sorrir cada vez que o penso. acabouse. mellor así. os teus seguen a ser igual de bonitos que sempre. ese brillo, esa luz. algo mudou para sempre, xa non me sinto pequena mirándoos. deixei de baixar a mirada, tímida. quixénte máis do que pensas, sabes ou entenderás. e non me arrepinto. nin dos bicos prohibidos en soños. nin as dúbidas existenciais. nin as viaxes a paises estraños. nin o aroma do teu alento. non, non gardo rancor, pero hoxe só necesito que saibas que se acabou. cando me vas crer cando che digo as cousas? que o sintas cando se cruzan as miradas. nada. non queda nada. só o vento movendo as follas caídas.

 

repítome, xa sei. perdoa, pero é que quero escribir con letras ben grandes FIN

 

Chuzame! chúzame -