arroutadas and basado en feitos reais27 ago 2006 10:55 am
cágoa ben cagada e confundo que o quixen coas ganas de que me queiran. confúndinme como o náufrago que se abraza a un delfín pensando que é un anaco de madeira. pagan xustos por pecadores. e vaise triste pola miña culpa. son a súa mellor amiga, é o meu mellor amigo. foi el o que puxo a distancia, foi el o que me protexeu. dáme azos, escóitame, voa, que nada te pare. e eu con medo a coller o camiño de outros, a non ser quen de ir polo meu. medo a ser e non ser. non quero volver tropezar con esta maldita pedra. esta vez non. N O N.
(b.s.o. Principio de Incertidumbre)
chuzame -
agosto 27th, 2006 at 11:55 am
non te preocupes, todos cometemos erros. se é o teu amigo de veras, saberá comprenderte
agosto 31st, 2006 at 2:34 pm
Temos dereito a cometer erros, é un dos nosos dereitos asertivos. Disfruta dese dereito sen medo a nada.
Unha aperta grande grande.

agosto 31st, 2006 at 10:12 pm
A todos nos passa. O das ganas e o das confusons.
:/