rállome, rállome moitísimo. isto non pode seguir así. miña avoa no hospital. 96 anos, microinfartos, case se lles vai en Urxencias e aí a tedes!! viva. VIVA !! de maior quero ser tan forte coma ela... mordo, ladro, e non bico. abstinencia, desgana, pureza, tolemia, medo, sinxelamente que só quero algo máis... Fer, coma un milagro, como que alguén me escoita alá arriba. e el escóitame... mensaxes ás tres da maña, ralladas e eu berrando que só quero estar soa e con medo de abusar e darlle a entender o que agora é imposible [non digo nunca porque xa as paguei pola dichosa frase]. cóidame a peito descuberto, sen pedirme absolutamente nada, sen soñar, pero soñando. achégase coas mellores armas para conquistarme aínda que en min só reina a anarquía. lume. e non entendo nada, só que cando Landis gañou aquela etapa, unha voz berroume que había tongo. veñen os meus tíos de Tarragona. dous días e medio de praia, top-less sen que as meus pais lles importe, saír en Patos e que viva o reggee. churruscarme. voda no Carballiño. vestidito e parezo unha princesa, son unha princesiña. risas, bailar con meu pai. grazas, grazas, grazas, grazas. saír en Atenas. non aguanto e cambio vestido por vaqueiros, tenis, camisa negra e a miña adorada gravata. son demasiado cómoda para ser (máis) presumida. e soñar. a paranoia outra vez. definitivamente váiseme moito a cabeciña.
chúzame -
agosto 13th, 2006 at 1:39 pm
é normal que se che vaia. estamos no tempo.
;b
agosto 13th, 2006 at 8:03 pm
alégrome que súa avoa estea mellor, que o seu pai estea ben, que se disfrace de princesiña de cando en cando. que me siga a visitar…
e non se ralle, muller. a meirande parte das veces non merece a pena!!!
agosto 21st, 2006 at 1:26 am
eu tamén síntome errante caótico, custame sentirme pleno e que me axuden a ter orde dentor de min, e mentras tanto ela (ains) que non ven…
e non virá, non a quero.
pero si quero que me ordeen por dentro, axuda!
somos un animal político, non?
agosto 22nd, 2006 at 7:51 pm
Vostede viu isto?
http://noitebrego.blogspot.com/
agosto 22nd, 2006 at 7:55 pm
jajajaj vostede está en todo polo que vexo!!!!! si, si que o vin. aínda non tiven tempo de poñer a resposta porque blogaliza non me deixa!! grrrrr (ten moza…, claro o rapaz é xeitoso. ou tiña…xD)
grande honor telo a vostede por aquí. grandísimooooooooooo!!
agosto 22nd, 2006 at 8:30 pm
Gracias polo de xeitoso. Por xeitoso entendo axeitado e normal (que máis podo pedir?). Eu xa te definín coma tímida, pero xeitosa non me desagrada.
E si, a frase que dixeches é toda túa. Unha honra vela usada por ti.
agosto 23rd, 2006 at 8:01 pm
Pequena!
isto è moito tempo sen saber de ti!
onde andas metida?
nós, coma sempre, moitos saúdos de todas!!!
BicosEnormes e unha aperta máis grande aíndaaaaa, coidateme moito corazón
agosto 24th, 2006 at 9:46 am
Boas, un colega mio admirador dos teus textos informoume dun concurso para creadores non profesionais de entre 16 e 30 anos, http://www.gzcrea.com. Hai as seguintes especialidades: teatro, artes plásticas, fotografía, moda, música, relato, poesía, vídeo, gastronomía, banda deseñada, graffiti e carteis. Creo que no relato non terias rival, e a tua irmá na fotografía. A ver se vos animades…
agosto 24th, 2006 at 7:03 pm
graciñas fito!!