
Lois, Isa, Quique (irmán de Lois) e alguén máis fóronse do Auriense. que si eu che vendo a miña parte, que si non sei qué. negocios, e eu non entendo nada deles. para min o Auriense xamais voltará a ser o mesmo sen eles, e sen ánimo de desprezar aos que siguen! e vamos de despedida, Catuxa e eu. disimulando. sempre disimulando. a el gústalle miña irmá, creo que non sabe que existe un San José. tamén lle gusto eu. é obvio. iso ou que estou demasiado borracha. que máis dá? queríades sinceridade, pois ídela ter neste amencer. hoxe si, mañá non. com absoluta certeça! e por que non? somos un tamdem. algo que ninguén ten. una mestura por separado. a perfección se nos xuntasen. igual que o David de Miguel Anxo. víchelo en vivo e directo? a beleza do humano unha e mil veces!!! estou contenta. non son unha metade, pero son unha metade. contradicción, verdade e rareza. éche o que hai, ou me (nos) abrazas para sempre ou prefiro que pases das dúas como da merda. gústame. xa dende antes do premio. faloulle a ela un día que eu non estaba. despois, este finde ano, faleille eu. vergonza encarcelada igual que un terrorista; ten razón, pero o MODO fai que perda sentido. e bla bla bla. sinxelamente porque me gusta. porque ten o que soño, porque SINTO que non minte. pola mirada interesante, porque me peta, porque quizais é o único que me entenda. e confésolle que levo un mes escribindo sen parar. que me invento vidas partindo da miña sen que teñan que ver comigo. ou non...un conto de fadas, e esquézome do sangue, o real e regalo sorrisos ata para os máis tímidos. son un caracol sen cuncha. cresme? vesme? e escribo porque aborrezo ser unha tartaruga por obrigación, porque os meus ollos xamais che mentiran, porque non quero que o l.c. inflúa, porque teño cousas peores que esconder, porque no fondo sei que isto non vai significar nada. e porque adoro escribir. e se non gusta a cambiar de blog.
[si, hoxe son máis chula que ninguén, algún problema? e perdoade se son creída... o equilibrio non quixo compartir comigo esta resaca...]
chuzame -
Agosto 13th, 2006 at 10:55 pm
anda que ya te vale de indiscreta!
Agosto 20th, 2006 at 3:06 am
anda! nesa rúa vivo eu, que casualidade… non si?
no fondo son unha exhibicionista xD síntoo, hai cousas que non se deben contar.
non me vas dicir quen es, pero fágome unha idea. máis do que pensas.
Agosto 20th, 2006 at 3:08 am
merda, que este é o ordenata de miña irmá!!!!!!!!!!
repito:
“anda! nesa rúa vivo eu, que casualidade… non si?
no fondo son unha exhibicionista xD síntoo, hai cousas que non se deben contar. é que estaba contenta!
non me vas dicir quen es, pero fágome unha idea. máis do que pensas”