tardo en beber, porque ultimimamente (xa dende fai bastantes meses) tardo bastante en facer todo o que debo. chego tarde aínda que a miña natureza sexa chegar a tempo. a que as apariencias enganan? non quero ser. de cara preciosa, e vístome ou para disimular ou porque non mo creo. NON, NON MO CREO. é unha careta, pero non é a que uso habitualmente. cres que me coñeces? se non me viches ouvear por nada ou por todo, se non entendes, se non sabes que son unha fábrica de pan raiado... chungo chungo, se non che gusta o que les, bótalle sal ou pasa (ou me vas chamar victimista ou egocéntrica, a que é a hostia de fácil facelo? a que non esperabas isto?) de min. entón non sabes nada. nunca me viches poñerme colorada e ser tímida. É O QUE SON AÍNDA QUE XAMAIS O VISES. mentinche. SI. mentiras con verdade, verdades con mentira. créalo ou non, non existe nada máis realista. máis de carne e óso. e bailo. e non me molesta estudar algo que me dá noxo. non teño porque darche explicacións nin xustifircarme de se me gusta ou non. estou fartísima de dar explicacións. é o que hai. xa procurarei eu que mude pola conta que me trae. non creas en min. mira, non teño necesidade de ser forte ou débil. só quero ser eu. sen aparentar. podes ser ti sen as mesmas frases gastadas e putrefactas? podes facelo sen os mesmos sorrisos de merda? xa tevendiches aínda que ninguén che diga á cara. a quen? ao orgullo nen@! ao ORGULLO nen@!! se non sabes perdes,estás perdid@: ninguén vai entender xamais que queiras ser máis que unha formiga.

Chuzame! chuzame -