
Catu comezou a berrar. estaba de pé na porta do seu cuarto cando nota algo na perna e mira. unha culebra, ou serpe ou o que fose amarrada á súa perna. Q U E N O X O !!!!!! líbrase dela, non a pisa de milagre (se pisas un bicho deses morderte...) e salta acojonada pola fiestra. as veciñas que facían cola na caixa e na perruquería deberon flipar. sain disparada do baño e vina reptando polo salón. era hipnotizador. lembrei que ela andaba en sandalias e eu mirei por acto reflexo ao meus pés. uns tenis vellos que me daban seguridade. meteuse por tras do sofá e eu saltei enriba para vixiar para onde ía. seguramente só era unha cría que caera pola fiestra ao tomar o sol, pero xa non había outra. miña nai correndo escaleiras arriba e eu informándoa. hai que cortarlle a cabeza. marcho pola pá para facer de guillotina con ela. meu pai pai na cociña que a el sempre lle deron noxo eses bichos. a filla de puta non quería morrer. non podes imaxinalo. ao final acorralada por miña nai co pá e a piques de escapar por segunda vez, córtolle a cabeza co saco. tíroa a un lameiro, que a coman as formigas.
de nena sempre fun a mexericas da familia e agora... agora teño certo grao de sangue fría para algunhas cousas que non sei dende vén nin que fai aquí. nin que existía. xa non son tan nena...
chuzame -
xullo 25th, 2006 at 1:46 pm
Agora eres unha mulleriña, mata serpes alimenta formigas…