buscando o equilibrio despois de acoitelar…
non sei porqué, pero si que o sei... “isto xa o vivín” penso cando me boto á rúa coma un can sen dono. Sen rumbo porque non o tiña. Ía vento e lembreime da praia. De perdidos ao río. lembreime da area pegada aos meus pés. Lembreime daquela calma que se metía dentro de min polo nariz, co olor a salitre. Que rápido son capaz de mandalo todo á merda! Camiñei coma un extraterrestre con música na orellas para anestesiarme. Crucei unha rúa e case me atropelan. Creo que me agarrou unha muller polo brazo. Con forza. Sorriume cando se foi. E eu co susto no corpo, co coche aínda pasando diante das miñas pernas, rozando o meu pantalón. Sorriume. Estaba feliz. Levaba unha gorra no pelo e vestía un chándal. Era a miña Amelie particular, o meu anxo da garda disfrazado de lisboeta. Non lle dixen nada, nada de nada. Tan só vin como se perdía, como se ía facendo máis e máis pequena, como se afastaba de min. Creo que nese momento foi cando me vin a min mesma do outro lado da rúa, tirada no chan, berrando, pq iso era o único que quería facer, coa boca chea de sangue, sen dentes, coa lingua na man. Co coitelo na man. Co coitelo co que apuñalei a Dido. Non apartei os ollos daquela imaxe que me negaba a min mesma unha e outra vez. Leváronme presa igual que aos asasinos. O cárcere da indiferencia será o meu castigo, a Nada, o Baleiro E mentres eu busquei un burato escuro no que esconderme. Estaba soa. Sen liberdade. SOA. Fuxindo da vergoña e da realidade. Da impotencia de saber que nada se esquece, as cousas malas sobre todo. Cara onde fun? Marchei a buscar libros, soñar con namorarme dalgún deles e por algún momento esquecinme de todo. Recoñezo que quixen odiarme e non puiden, supoño que xa nunca máis poderei e iso que non faltaban motivos. Decidín que esta vez non vou pedir perdón. non pq non o queira, é que non podo deixar de pensar que non o merezo. podería escribir a mellor carta, a máis fermosa, podería escribir o mellor de todos os libros, o poema perfecto; para min iso sería o máis fácil. Hai dúas cousas que sempre se repiten na miña vida, como a miña maldición particular, a miña asignatura pendente. Sempre acabo crendo, pensando e sentindo que non teño dereito a pedirlle nada a ningún dos meus; ás veces ata me sinto mal por pedir un abrazo ou un xesto de cariño, o que sexa. E despois que sempre lle fago dano ás persoas que máis quero. A todos, non se salva ninguén. É incrible a facilidade que teño para ferir... e por riba son rápida e eficiente. Igual que un asasino, o mesmiño ca un maltratador. Ou peor.
Fun ao cine e vin unha película chinesa sobre o amor: 2046. E estiven na sala de cine máis bonita que vin na vida. Estaba baleira cando entrei. Soa coma min. Soa ata que cheguei eu para sorrirlle. E ela regaloume a súa escuridade, a súa complicidade para notar como nacía o salitre dos meus ollos. Hoxe só quería estar soa. Fuxir, afastarme pq o medo me impedía atopar o camiño de volta a casa e aquí, en Lisboa, aquí non teño faro que me sinale cal é o camiño para volver a casa.
Mañá máis, hoxe non podo, a tristeza derrotoume. Prometo resucitar mañá, Ao amencer. Gracias polas vosas palabras!! Válenme a vida...
Pido perdón, por no haber escuchado tus ruegos
pido perdón, por las lágrimas que hablan de mi,
pido perdón, por tus noches a solas
pido perdón, por sufrir en silencio por ti.
Te pido perdón, a sabiendas que no los concedas
Te pido perdón, de la única forma que se.
Devuélveme la vida
devuélveme la vida,
recoge la ilusión
que un día me arrancó tu corazón,
y ahora...
devuélveme la vida.
Yo no volveré, a quererte de nuevo a escondidas
no intentaré, convertir mi futuro en tu hiel
no viviré entre tantas mentiras.
intentaré convencerte que siempre te amé...y yo
Te pido perdón, a sabiendas que no los concedas
Te pido perdón, de la única forma que se.
Devuélveme la vida
devuélveme la vida,
recoge la ilusión
que un día me arrancó tu corazón,
y ahora...
devuélveme la vida.
Devuélveme la vida
esconde en tu cajón
los recortes de amargura de mi amor
y ahora...
devuélveme la vida.
Devuélveme la vida
esconde en tu cajón
los recortes de amargura de mi amor
y ahora...
devuélveme la vida.
Devuélveme la vida
devuélveme la vida,
recoge la ilusión
que un día me arrancó tu corazón,
y ahora...
devuélveme la vida.
chúzame -
abril 19th, 2005 at 2:54 pm
Ánimo Aultre Narai, as coiteladas das que ti falas seguro que se curan facilmente coas palabras adecuadas e un pouquechiño de amor.
O cariño é a mellor menciña.
A min tesme para o que queiras, sábelo non? bicos grandes.
abril 19th, 2005 at 7:23 pm
Eiii, como xa che dixen, estás un bocadinho “confundía”, creo que “la noche te confunde”; vas ter que contratarme como profesora e asesora persoal en algunhas cousiñas, porque non estás centradiña, jejeje. Venha tía, moitísimo ánimo, e non te rayes, por favor!!!!!!!! Esta non é a menina que eu coñezo, estou pensando que ma cambiaron!!
Sabes que eres a ostia, e que só coa túa presencia axudas a moita xente, así que arriba, acabáronse as tonterías, porque sei que son tonterías.
Beijinhos
ACLÁRATE
Nunca has pensado a la salida de tu casa
que prefieres no llegar nunca al colegio?
Me dirás que no has pensado a la salida del colegio
que prefieres no llegar nunca a tu casa?
Pues a ver si te aclaras que yo ya estoy dudando (bis)
Nunca has pensado que el amor es mentira,
que es mejor echar un polvo sin contrato?
Me dirás que no has pensado en el amor de tu vida,
que te pones colorado si te mira?
Pues a ver si te aclaras, que yo ya estoy casado
pues a ver si te aclaras que yo me he divorciado.
Nunca has pensado que el condón te corta el rollo,
que es mejor pasar de todo y disfrutarlo?
Me dirás que no has pensado en la responsabilidad,
que es mejor una gomita aunque mas caro?
Pues a ver si te aclaras que yo ya estoy preñado (bis)
Nunca has pensado que fumar es algo malo,
que es mejor hacer deporte y estar sano?
Me dirás que no has pensado
que un porrito es algo bueno
y se agradece cuando alguien te lo ofrece?
Pues a ver si te aclaras que yo ya estoy fumado (bis)
Carlos Chaouen
abril 19th, 2005 at 10:18 pm
Hainos en Conxo con menos delito…………………