collo o derradeiro bus a vigo. os vaqueiros novos, a camiseta verde que tanto me gusta, a gorra a xogo, a sudadeira retro. boto unha soneca. collo un taxi para Castrelos. miro o reloxo, a estas horas xa debeu rematar o concerto de Femme Fatale. chego xusto a tempo. faltan pouco máis de 20 minutos para as doce. atopo a Quela entre a multitude. abrázame cando me ve. comeza o concerto. adoro a estes escoceses!! salto, bailo, sorrío. boísimos. espectacular. xeniais.
non me cres? a verdade é que non fun porque hai veces nas que tes que escoller entre o que poderías ter e o que tes. e eu escollín. quizais penses que me perdín o concerto, que o soñei, que teño moita imaxinación, que son paranoias miñas, coma sempre. pero o certo é que onte despois de comerme o mundo pegándome unha carreira en bicicleta chamoume Quela, a miña prima. dúas veces. xa estaban tocando. e estiven alí. grazas a ela
chúzame -