pasaron xa moitos anos, pero aínda me lembro con claridade daqueles días. xa non me sinto como sentín daquela, sei que non volverei a probar aquela desesperación, medo, dor, ira, rabia, angustia, desilusión, tristeza, melancolía. lémbrome de chorar todas noites. chorar sangue e vida, chorar petróleo como choraban as praias cando foi o do Prestige. lémbrome de abrazarme a Osiria morta de medo, coas mans treméndome de impotencia. lémbrome da soidade e do medo a perdela... ela foi quen me salvou a vida. lembrome de todas ás veces que me levou meu pai a Compostela para que me curasen a aLma. lémbrome de falar durante horas cunha descoñecida porque esa era a miña única menciña. lémbrome da culpabilidade. lémbrome de todas e cada unha das cousa malas que fixen. lémbrome de berrar chorando unha e outra vez: "non podo, non podo cambiar, non o ves!!!" lémbrome de vivir nunha montaña rusa, de andar perdida e soa polas rúas de Ou chorando en silencio. lémbrome de miña nai repetíndome que se realmente dela dependese eu xa estaría ben. lémbrome de berrarlle á miña irmá por puro medo. lémbrome dos CELOS.
é curioso, lémbrome e xa non me doe... cousa boa.
pero tamén me lembro das cartas, dos soños, da ilusión que me fixo cando me deron a alta, de como chorei de alegría. lémbrome dos veráns na aldea soñando con escribir contos e poemas, con bailar ben e ligar. lémbrome de querer ser como Osiria, de querer ir á súa voda. lémbrome de todas e cada unha das veces que actuei co grupo de teatro do colexio no Teatro Principal. lembrome do Faro que tiña eu en Ou para cando volvía tarde a casa. lembrome de que sempre había pendente de min. lembrome de cando fun a Italia e descubrín a Ro. lembrome de tardes eternas no ciber, saltándome as reglas do tempo e aprendendo do Mago. lémbrome de Aransa que me vía máis guapa do que xamais me puiden ver eu. lémbrome do día que naceu a miña prima Iolanda, lembrome do día que cumplin 18. lémbrome da miña primeira borracheira saltando pola plaza maior. lémbrome do primeiro día de universidade no cuvi, de cando me quedaron catro pa setembro e que(milagrosamente) logrei quitalas. lémbrome de ir limpar a Oia e a Carnota, de berrar NUNCA MÁIS e NON Á GUERRA. lémbrome da primeira vez que recitei na universidade e de como me tremían as pernas pola emoción. lémbrome de cando fixen o Camiño de Santiago dende Astorga. lémbrome da primeira vez que lle dixen a alguén que o quería. lémbrome de ir soa con miña irmá no coche coa música a todo volumen e cantando como tolas, lémbrome de noites enteiras bailando sen parar, lémbrome do día que decidín que me viña pa lisboa. lémbrome de deixarme querer e sentirme moi querida. lémbrome do primeiro bico e mil cousas máis que me pasaron dende que estou AQUÍ, en Lisboa, para algo está este blog. pero sobre todo lémbrome do día que me mirei no espello e me vin tal como son. o día que me atopei a min mesma.
e hoxe máis ca nunca lémbrome do momento, desa milésima de segundo, desa nada de tempo, dese instante que conxelei para sempre na miña cabeza, O DÍA que me decidín a cambiar, a botarlle un par e ser eu con todas as consecuencias, aceptando o bo e o malo de min, pq por encima de todas as cousas eu son son imperfeita. quizais sexa ese o meu encanto persoal. en fin. todo se transforma eu tamén o fixen. largo camiño ata aquí, pero non me arrepinto de nada do que dixen e fixen. victorias e derrotas, acertos e erros, etc. de todo aprendín a vivir. máis nada. e a guerra que me queda aínda por dar!!!!!
Todo Se Transforma
Tu beso se hizo calor,
luego el calor, movimiento,
luego gota de sudor
que se hizo vapor, luego viento
que en un rincón de La Rioja
movió el aspa de un molino
mientras se pisaba el vino
que bebió tu boca roja.
Tu boca roja en la mía,
la copa que gira en mi mano,
y mientras el vino caía
supe que de algún lejano
rincón de otra galaxia,
el amor que me darías,
transformado, volvería
un día a darte las gracias.
Cada uno da lo que recibe
y luego recibe lo que da,
nada es más simple,
no hay otra norma:
nada se pierde,
todo se transforma.
El vino que pagué yo,
con aquel euro italiano
que había estado en un vagón
antes de estar en mi mano,
y antes de eso en Torino,
y antes de Torino, en Prato,
donde hicieron mi zapato
sobre el que caería el vino.
Zapato que en unas horas
buscaré bajo tu cama
con las luces de la aurora,
junto a tus sandalias planas
que compraste aquella vez
en Salvador de Bahía,
donde a otro diste el amor
que hoy yo te devolvería......
Cada uno da lo que recibe
y luego recibe lo que da,
nada es más simple,
no hay otra norma:
nada se pierde,
todo se transforma.
ata volver do Algarve!!!
chúzame -
abril 19th, 2005 at 12:19 am
Para unha Quique González expresa con cancións os sentimentos que só ela cre sentir.
Para a outra escribir é como respirar, imprescindible para vivir.
Para as duas (non para todos como a coca-cola)esta canción, porque a melancolía desta letra só se faga realidade na voz de Xoel (sempre un pracer)
GOD SAVES (BUT NOT TO ME) (XOEL LÓPEZ)
Could you show me the light?
could I buy some faith?
could you please show me the way?
I feel I´m going nowhere
Is hell really so bad?
or is it similar to earth?
many people use to say
there you´ll have a great time
Are you gonna help me
if I believe?
Will I have enough money?
could you give some to me?
could you please show me the way?
I feel I´m going nowhere
could you forgive me for all
the bad things that I have done?
could you please show me the way?
I feel I´m going nowhere
Are you gonna help me
if I believe?
Are you gonna save me
if I believe
abril 19th, 2005 at 1:02 am
Muchísimas gracias chofi, eres la ostia!!!!
Y tienes toda la razón, yo no sé expresarme muy bien asi que lo hago por medio de las canciones de Quique (principalmente). Pero también uso expresiones tuyas, de Lau, Lu, Mario, Vitu…. que también quedarán para siempre en mi mente.
A ver si nos escribes más de vez en cuando.
abril 19th, 2005 at 1:56 am
Lémbrome de ter ido a Carnota contigo, de limpar fuel e ver esas bágoas agochadas por detrás dos nosos ollos, de ver a nosa terra feita negro.
Lémbrome do primeira vez que recitaches na facultade e de pensar, ai, meu Deus, non sabía eu que Aultre Narai fixese chorar deste xeito… q envexa!
Lembro de ter lido ese libro, que fixeches aínda hai un cacho e de pensar, hai que ter collóns para dicir o que se pensa, tal e como se pensa, e hai que ser moi intelixente para ter as palabras adecuadas para describir os sentimentos coa precisión e exactitude que Aultre Narai ten.
Aínda non nos coñecemos ben, porque tanto ti coma eu somos persoas “impermeables”, e porque para eu falar de min con alguén, ese alguén ten que ser moi especial, pero iso é bo, porque deste xeito, ese alguén saberá que para nós é especial.
Falas de imperfección. E eu digo, non te parece a ti que a imperfección é cousa imprescindible? se todos fósemos perfectos, se todos fixésemos todo ben, se todos tivésemos todas as virtudes e ningún defecto, entón, e so entón, todos seríamos iguais. Non habería diferentes culturas, diferentes pensamentos ou mesmo diferentes persoas. Eu, sei que non son perfecta, menos mal, se o fose, non sería eu. Teño mala hostia, seino. Son unha persoa aberta ou pechada, depende, para falar de min son pechada, para falar de calquera outra cousa sempre estou disposta. Non teño vergoña de nada nin de ninguén. Encáriñome moi rápido da xente. Son todos defectos, pero todos eles xuntos e xunto a poucas cousas máis, forman a “eu”, e estou orgullosa de ser como son, non penso cambiar nin por nada nin por ninguén, a quen lle guste ben, a quen non lle guste… festa! tanto me ten.
Na vida hai que ser así se non queres levar hostias por todas partes.
Encantada de coñecerte Aultre Narai. Espero poder continuar descubríndote pouco a pouco como ata agora. Un grande bico