praia. POR FIN!!! non houbo maneira de convencer a Catu de que foramos alí. Jo, Catu, que eu estiven en Montalvo e nunca en Marín, lévame alí... plisssssssss e nada. atravesar Sanjenjo e Portonovo. teño fame, pero non me resisto a un chapuzón antes do bocata. Catu queda tostándose na toalla e veñen Cris e Josiño (meu cuñado). conxelada. comer. tú me das cremita, yo te doy cremita. queimarme. fuxir a dar un paseo. Catu e Cris xogando coas paletas. volvo, Cris vense comigo e deixamos sozinhos aos namorados. anda de top-less e para variar algún que outro home quédase mirando e disimulando o que pode. dáme a risa. xa teño tonalidade camarón vermello nas costas. tirarnos a sobar. ela cóntame as súas conquistas. como raio fai para ligar tanto? recibir medio bote de crema por todo o corpo. vento, areas. por iso quería eu ir a Marín. Josiño escoitando o final do partido no meu mp3. xogar con Catu, puteala todo o día. son unha nena pequena e nese momento non podo evitalo. arrastrala pola area, facerlle cóxegas, pressing catch. o derradeiro baño. adoro estar así na auga. amnesia. paz. volvemos ás sete. a ría de Teucro, casiñas, a illa dos militares, Combarro, a Celulosa pegada a Marín como unha hemorroide. pregúntome cal será a porcentaxe de alerxias e asmas. tarear unha canción. sigo sendo unha tímida que aprendeu a disimulalo mellor ca ninguén. ai! que actriz tan grande se perdeu hollywood! esta noite voume pra cama cheirando a salitre.
chúzame -