a única vez que estiven en Sevilla foi no 98, na excursión de fin de curso. foramos a Isla Mágica. o que máis lembro non foi a piscina do hotel, nin o río, nin os mosquitos que eran coma vacas, nin a calor. na Amazonia, descendimos pola fervenza do Iguazú. había unha zona na que non te apartabas a ola xerada pola atracción mollaba aos que miraban dende fóra. nun momento no que estaba soa puxenme alí sen a menor intención de apartarme. a especie de canoa descendeu e formouse a ola. vina vir a cámara lenta cara min. de reollo vin como o resto de rapazas da miña idade con chuvasqueiros de plástico, xente maior e algúns pais cos seus fillos se apartaban dela para non mollarse. xogaban, rían. eu estaba seria. aguantei cos ollos abertos ata tela case encima, o máis que puiden. era como se eu fose unha rocha agardando a que o mar me bicase. no momento xusto pechei os ollos. deixeime levar. rompeu contra min. o meu corpo inundouse de auga por completo. fresca. igual que unha flor cando a regas. da que volvín a ter os ollos abertos notei a miña respiración axitada e toda a roupa mollada. encantoume. non sabía explicalo. mirei para atrás. ninguén. sorrín. diosssssssssssss, por que me gustan tanto estas cousas raras? por que disfruto tanto eu soa?

mañá é o meu primeiro San Xóan. e pedirei un desexo e se teño valor saltarei as veces que faga falla pola fogueira. mañá vai pasarme algo. podo cheira co corazón, sentilo cada vez máis preto, como aquela ola en Sevilla. maxia no aire...

 

 

Chuzame! chuzame -