persoal17 Xun 2006 02:31 pm

estou farta de dicirlle que se veña con Pau e eu por aí, de festa. sempre tranquila e responsable. eu tamén quero ser así. nunca berra, nunca ten un mal xesto. é coma unha geisha, sempre lista para contentar aos demais. MAL, que ás veces esquécese de si mesma. protectora, agarimosa, xenerosa, sabe escoitar. a calma que moitas veces non teño. é a miña compañeira de piso dende hai catro anos. por favor, que alguén lle pregunte a Eva cal é a fórmula para aguantarme cinco días á semana. que alguén lle diga que nunca máis me repita iso de "non te cambio por nada do mundo"... non o merezo. e isto si que é verdade.
chuzame -