a min antes non me gustaban os pementos nin a cebola. paseime toda a infancia e adolecencia a sacala da empanada. os amiguiños verdes de padrón nin cheiralos de lonxe...

esta noite veu Dido a cear a casa. Pau e Iria rematando unha tradución de francés no salón. supúñase que ía cociñar eu... e coma sempre, acabei de pinche. como xa me pasara con Eme no Leste, fico aparvada mirando como fai unha salsa de tomate natural e cebola para o arroz e como frite uns pementos sen a cara de pánico que lles tería posto eu. que sucede? que os ingredientes conspiran contra min sempre que trato de pasalos pola tixola? e todo porque saben que son lentiña e que me poño moi nerviosa se teño que cociñar diante de alguén. sobra dicir que me encantaron os pementos. e isto é o que máis me preocupa, a mutación de gustos. e penso na calada que lle metín hai dous xoves ao pitillo de Cholo. Deus, é que me encantou... non, se ao final vou acabar fumando... por iso fuxo do tabaco como da peste. non vaia ser que me enganche. e aí si que a temos armada. como lle explico aos meus pais semellante cambio? como se antes nunca se me pasara pola cabeza fumar? con que cara miro eu á miña irmá? 22 anos a enganala!!! sen contar, claro, todas as explicacións que tería que dar... en fin, mellor non pensalo. mellor non probar. nin impulsos, nin corpo caprichoso nin hostias. porque hai cousas na vida que, coma o tabaco, se comezas....PARA TODA A VIDA. inevitable coma a forza das mareas.

Chuzame! chúzame -