toda a soidade do universo colle nun abrazo/ a profecía
hoxe estou contenta e tampouco hai un motivo especial. pero hoxe estou contenta. definitivamente teño un sexto sentido para moitas cousas, a ver se consigo acabar de crermo. sexto sentido que non ten nada que ver cos mortos. son para as cousas dos vivos. vexo sen ver, escoito sen escoitar, toco sen tocar. a min as pantasmas das miñas amigas non conseguen asustarme. teño un matadero clandestino no meu corazón. alí asasino a sangue frío a todo ser humano que se lle ocorre meterse con algún dos meus. descuartizo, crucifico, queimo, humillo e odio. sobre todo ODIO. se meus pais soubesen que criaron a unha psicópata... todo vale para facer sufrir ao inimigo. soa a parvada, mais é así. quizais só sexa dentro da miña cabeza, quizais non sexa real, pero eu son das que cre que o universo conspira. e CONSPIRA. con iso abonda.
Dido é unha adicta da esperanza e creo que non o sabe. como algo tan bonito pode facer tanto sangue? é a súa ionqui. é a súa fiel escrava sen dubidalo xamais. pero hai veces nas que temos que deixala morrer... ela espera e espera. non se cansa aínda que lle fallen as pernas ou o corazón. e unha canción tatuada no iris que se converte nunha cicatriz imborrable día a día.
e eu sei que ás veces peco de proteccionista. non sei se fago ben ou mal, simplemente fago o que podo, o que sinto. non sempre lle podo pedir ao meu corazón que actúe como debe. sente e non é de pedra. e entón é cando me alio co universo, cando me volvo unha gitana que adeviña, cando conspiro en silencio e decido case como se eu fose Deus, case como se todo dependese de min, sorrio e a miña voz resoa dentro de min co que unha vez me ensinaron:
Si
Si guardas en tu puesto la cabeza tranquila,
cuando todo a tu lado es cabeza perdida.
Si tienes en ti mismo una fe que
te niegan y no desprecias nunca las dudas que ellos tengan.
Si esperas en tu puesto sin fatiga en la espera.
Si engañado no engañas.
Si no buscas más odio que el odio que te tengan.
Si eres bueno y no finges ser mejor de lo que eres.
Si al hablar no exageras lo que sabes y quieres.
Si sueñas y los sueños no te hacen su esclavo.
Si piensas y rechazas lo que piensas en vano.
Si tropiezas con el triunfo,
si llega tu derrota
y a estos dos impostores les tratas de igual forma.
Si logras que se sepa la verdad que has hablado
a pesar del sofisma del orbe encanallado.
Si vuelves al comienzo de la obra perdida
aunque esta obra sea la de toda tu vida.
Si arriesgas en un golpe y lleno de alegría tus ganancias
de siempre a la suerte de un día y pierdes...
y te lanzas de nuevo a la pelea sin decir nada
a nadie de lo que es y de lo que era.
Si logras que los músculos y el corazón
te asista aún después de su fuga de tu cuerpo en fatiga
y se agarren contigo cuando no quede nada
porque tú lo deseas, y lo quieres y mandas.
Si hablas con el pueblo y guardas tu virtud.
Si marchas junto a reyes con tu paso y tu luz.
Si nadie que te hiera llega a hacerte herida.
Si todos te reclaman y ni uno te precisa.
Si llenas el minuto inolvidable y cierto
de sesenta segundos que te lleven al cielo...
todo lo de esta tierra será de tu dominio,
y mucho más aún,
serás hombre, hijo mío.
Rudyard Kipling
tamén sei que agora todo sobra, que nada serve. pero tanto me ten. cada un ten o seu camiño e ninguén pode recorrelo por nós. o que pasa é cando fixen o Camiño de Santiago descubrín que si, que estamos moi sós cando camiñamos, pero que a compañía axudanos seguir para adiante aínda que o corpo diga que non pq xa non pode máis. eu confío en que áo final todo saia ben dalgunha maneira máxica e impredecible. e será así.
tempo ao tempo
chuzame -