Ollos, mirade por derradeira vez! Brazos, dade o voso derradeiro abrazo! E beizos, portas do alento, selade cun bico un trato perfecto coa Morte. [agora]
o final dunha película que se mestura con outra. amor a primeira vista [antes] fai click, salta algo moi por dentro. e non ver nada máis que a súa alma. e se non o viviches non o cres. pero que é o amor? estabilidade? confianza? unha definición: sábelo ao instante, todo o que vén despois non fai máis que confirmacho... antes estabas baleiro e agora CHEO [antes] e cando me quedo durmida no chan, veñen a buscarme Peter Pan e Campaíña. voume voando pola fiestra ao País de Nunca Máis. acabouse. it´s over. e agora sae o arco da vella, ti tamén podes velo? o final deste conto tan tan tan bonito: princesas da Antiga Grecia, ionquis, figurantes que non saben de que vai o conto, bombas que estouraron e só feriron dous pares de ollos, "non tes nin puta idea!", pescadores que tiveron máis sorte ca min, carreiras de lume nunha praia empedrada, bicos que nunca naceron, siameses que facían o amor en soños, calor na punta do iris e dos pés, que pasa se me namorei do número 13? "canto máis sen bicarme podes aguantar?" aviadores levándome por riba da sabana africana, as cousas que non se din e pouco máis. os demais a opinar do que non saben e a felicidade ensinándome a bailar ben unha lenta. doces soños e ata mañá. gustouvos? a min polo menos si, e agora desfrutar do arco da vella. quen sabe o que pode traernos a marea mañá!!!
P.d: foi un verdadeiro pracer, de corazón. e xa sabes quen es.
chúzame -