
FALEI. falei. díxenllo todo. e o veleno vaise do meu corpo para sempre. sen rancor. mirar aos ollos e non sentir ese abismo. non apartalos, non fuxir, non esconderme. ollar e velo. as dúbidas, os malentendidos, os berros. no fondo o que os outros non saben. e non quero volver a prometer cousas que logo non fago... as palabras exactas saíndo coma fume da boca. algo de chuvia, a xusta. ela sabe ben porque non vou volver, aínda non. unha frase rondando pola cabeziña:
"convenceste de que algo é imposible e simplemente... APARTASTE"
equivoqueime. non é unha queixa nin unha lamentación. é a puta realidade. aparteime dos meus soños, daqueles aos que amei. deixeinos marchar. non loitei. non lles dei o mellor de min. non confiei. non non non non non non non non non non non non non non non non non non non non non non. tiven tanto medo de perdela que ao final...
coller o touro polos cornos. que me cornee. doe? era necesario. agora seino. e o tempo cúrao absolutamente todo.
chúzame -
xuño 1st, 2006 at 2:38 pm
fuxir nunca é a mellor opción, é máis, é mellor non velo nunca como unha solución.
noraboa por rematar a faena, espero que ese touro fose fácil de rematar.
por qué as cousas non son máis fáciles? coma un xogo? pero coma un xogo no que todos ganen!
xuño 2nd, 2006 at 1:55 pm
non estou eu tan segura de que o tempo o cure todo… pero sempre se olvida un pouco.
xuño 3rd, 2006 at 11:00 pm
non sei se rematei eu co touro, ou el comigo… pero ben, todo ben
o do xogo non estaría mal, tanta competividade non pode ser boa
nOa, eu creo que si. o caso é saber deixarlle facer o que ten que facer xD