FALEI. falei. díxenllo todo. e o veleno vaise do meu corpo para sempre. sen rancor. mirar aos ollos e non sentir ese abismo. non apartalos, non fuxir, non esconderme. ollar e velo. as dúbidas, os malentendidos, os berros. no fondo o que os outros non saben. e non quero volver a prometer cousas que logo non fago... as palabras exactas saíndo coma fume da boca. algo de chuvia, a xusta. ela sabe ben porque non vou volver, aínda non. unha frase rondando pola cabeziña:

"convenceste de que algo é imposible e simplemente... APARTASTE"

equivoqueime. non é unha queixa nin unha lamentación. é a puta realidade. aparteime dos meus soños, daqueles aos que amei. deixeinos marchar. non loitei. non lles dei o mellor de min. non confiei. non non non non non non non non non non non non non non non non non non non non non non. tiven tanto medo de perdela que ao final...

coller o touro polos cornos. que me cornee. doe? era necesario. agora seino. e o tempo cúrao absolutamente todo.

 

Chuzame! chuzame -