cando espertei a luz entraba polas fiestras do salón do piso de Catuxa. eu seguía abrazada ao coxín e tapada coa manta a raias. escoitei que Cris e Carmen se erguían para abrirlle a Rebe que viña máis calzada ca unha botella do Ribeiro. pero esta é parva! que fai aquí? e unha caricia na miña meixela xusto antes de que entrase Rebe triunfante e contenta. o que non sabe Cris é que non durmín con ela porque me apestaban os pés e morría de vergonza. Rebe vai coma un foguete ata o cuarto de miña irmá para espertala coa pandereta en vinganza por terlle feito a broma do "sobre". e rebobino a semana.

a práctica de informática que conseguín acabar grazas á Meiga e unha conversación na cafeta á hora da sesta. ela é demasiado boa, que se dea conta antes de que sexa tarde.

facer o exame de Terminoloxía. ergo a cabeza do papel e vexo as caras de aburrimento duns e as ganas de copiar de outros.

ceíña en casa da Ninfa e risas e risas. viño branco polas miñas veas. suave, suave.

resaca, facer a maleta, recoller o cuarto, limpar o baño, Pau fai tortilla para as dúas. bus para Teucro, as praias de Cangas ao lonxe. Santa Catabirra. atoparme con todo o mundo de clase: Lau, Mar, Dani e máis peña.

cear en casa de Catu. Rebe e as súas tolemias. escoitar a extremo tirada na cama de Cris mentres me ensina fotos da súa Asturias. poñerme a camiseta que me deixa e uns vaqueiros gastados de miña irmá. deixo que Carmen me poña guapa de cara. calimochada e cantar a canción do koala.
atoparme con Laura en todos os locais que piso, sempre pendiente de min, outra que é un anxiño! bailar pachanga e reguetón ata que me doe a alma. Carme e Catuxa marchan a iso das 4. ver como todos os marineros atacan a Cris e como Rebe se transforma nunha formiga. acabar no Carabás. non colle unha alma máis, escapar ata o baño despois de atoparme cun pesado co que me liara na dorna. Lau outra vez e l.c. con ela. Mar facendo cola no baño. volver a onde están elas. bailar dentro da masa. respirar alentos alleos. e vénseme á cabeza a imaxe de Beatriz cando conta o que sentía nunha desas discotecas chea de xente intentando bailar en Glasgow. Elisa y los cuerpos celestes, dixera Xoela. sigo bailando. pero xa non son corpos celestes, son as ráfagas da luz que morreu hai tempo
Chuzame! chúzame -