a ver se consigo as entradas para ir ver a Luar Na Lubre, cousa que me apetece un montón. os concertos en directo sempre teñen algo de maxia que me atrae irreversiblemente. vinos dúas en Ou. a primeira foi no 2002. malos tempos, xa non lembro ben porque, creo que cando eu era unha nazi e case mato a Osiria. tocaron no Principal eu deixeime levar como se fose un peixe que segue a corrente do río, a forza da auga. sonou "TU GITANA" non fun quen de conterme. agarreime á man de Ro. amareime a ela con forza e non quen de soltala ata que rematou a canción. chorei como choran os arrepentidos que saben que non teñen perdón e deixei que ela me curase a feridas. tampouco me importou que me puidese ver todo o teatro. aquela noite pedín perdón con todo o corpo... pero o que mellor lembro é aquela sensación de alivio que me quedou cando rematou o concerto. tanto alivio que case podía levitar cando marchamos camiñando para casa. a segunda vez que os vin foi o ano pasado, en maio. tocaron na praza maior. foi un venres, outro de tantos que fuxín de Vigo para Ou. pola tarde, antes do concerto, María, Ro e eu fomos tomar algo nas terraza da praza. estábamos a comentar os amoríos de miña irmá(María) por Pontevedra e a escoitar a probas de sonido. diante nosa desfilaron Bieito, que foi ata o Principal para firmar no libro de honra da Coral De Ruada. tamén pasou Rosa cargada cunha bolsa chea de froitas. non mo pensei dúas veces e alá marchei atrás dela á caza e captura dun autógrafo seu. entrou nun dos bares laterais a mercar tabaco e eu co meu sorriso de nena pícara abordeina. "que ben cantas!" díxenlle sentíndome unha nena de nove anos outra vez. miroume con apuro, quizais un pouco abraiada pola miña naturalidade, pero moi acostumada a estas cousas. sorriume. "pois imaxina se non fumase". desexeille boa sorte para o concerto e logo de que me firmase marchei ata onde Ro e María con xesto triunfal co papel que me firmara na man. no fondo unha son coleccionista de autógrafos: ismael serrano, josé luis cuerda, rosa cedrón. a min o de falar cos artistas non me asústa. o que máis me gusta é ver como son en realidade. esa noite fixo moita calor e conseguimos que Aransa viñese con nós. secuestreina e leveina ata o medio e medio da praza para escoitar mellor. abrazouseme a min por detrás e eu deixeina estar. case podía sentir os latexos do seu corazón batendo contra as miñas costas. é o que mellor recordo daquel concerto. o seu abrazo. hai veces que o mundo encaixa á perfección e non sabemos por que. a ver que pasa aquí, a ver se consigo ir, a ver que tal se porta Sarinha, a ver que recordos fabrico desta vez. a ver, a ver.
Letra: J. Alfonso.
Arreglos: Luar Na Lubre
CANCIONES DEL MUNDO
Tu gitana que adevinhas
me lo digas pues no lo se
si saldré desta aventura
o si nela moriré.
O si nela perco la vida
o si nela triunfare,
Tu gitana que adevinhas
me lo digas pues no lo se.
chúzame -