soñei co fillo de Osiria e o Mago, co Principiño. viña a min, abrazábame. paz. e dicíao todo cos ollos. esa mirada tan transparente como a dela. díxome tantas cousas cun só xesto... e non podo explicalo. era como se me descubrise o mapa da illa. algo importante. deume a clave, a chave do misterio. a pureza que perdín. cres que aínda estou a tempo de recuperala? canta fe había nese neno... en min.

Luns de Semana Santa.
volvo pola rúa perdida nos meus pensamentos. sempre vexo mal e confundo ás persoas, pero teño ollos de lince para as os meus. recoñecina do outro lado da rúa. plantouseme o sorriso de quen adora. crucei. sorprendeuse ao verme. outro sorriso transparente e ese brillo máis marcado nos ollos. viña do colexio coa súa substituta. vaise para casa. xa está de baixa. gordiña coma un repolo, preciosa, radiante, unha auténtica Deusa. nai. coxea e inconscientemente collo o seu brazo con medo de rompela. con devoción de irmá pequena. é que teño ciática polo do sobrepeso, este neno vai ser enorme!! bromeamos, di que vou aviada co pequena que son para cando me quede embarazada. picámonos de broma. coma sempre.

este neno ten ganas de verlle a cara aos seus pais... QUE EMOCIÓN!!

Chuzame! chuzame -