persoal19 abr 2006 02:37 am
loitar. hoxe empeñeime en que saise o sol para min. así si que me gusta saír de casa medio durmida con Pau, bromeando e queixándonos da vida de estudiantes. subir na lata de sardiñas. esta vez tamén viñan Lady Di, Xoela e Dido. debe ser a primeira vez en catro anos que subo con todas á vez. a luz coándose entre cabezas, asentos e carpetas. vou contenta. dúas horas de clase. traballos, práticas, exame o xoves. como coa Meiga. pasamos de ir a Portu e baixamos cedo. anda preocupada, teñen que volver operar á súa irmá pequena. podes imaxinar 13 operacións en menos de vinte anos? dóeme porque non podo facer nada. só escoitar. non podo evitalo e boto unha sesta dunha hora. chegan Xoela e Di. a miña casa parece unha axencia de tradución e un ciber. agora xa te entendo... isto non é o meu, estou totamente desmotivada... é Pau a que me fala. si, eu xa hai tanto tempo que me sinto así que nin me doe, volvinme unha pasota e fago as cousas por inercia. vanse a iso das oito. facela cea para Pau, Evita e eu. risas e máis risas.e cada vez estou máis convencida de que teño que ir ao oculista
chúzame -