a felicidade é isto (hai un ano)
parecía unha Deusa cando entrou pola igrexa. o quinteto púxose a tocar o canon e eu sentín que non podía máis... creo que non me podía crer que estivese presente no día máis feliz da vida de Osiria. estaba moi tranquila, segura, confiada. era feliz. nunca vin a un ser humano sorrir tanto. quen di que o Amor non nos fai máis mellores? quen di que Amor non é o máis grande? chorei. choraba de felicidade, bágoas que me prestou ela. fun chuvia, durante unha hora fun chuvia. auga nos meus ollos. auga por todas partes. chegou ao altar e mirou ao Mago. Non se quitaban ollos. e vin a eternidade naquela mirada de xigantes. dous que se volvían un para sempre. e bicaronse para celebralo. o bico máis longo do mundo. hai un ano... e agora? agora regálolle bicos a descoñecidos só para soñar esperta co que virá. bicos que son anacos do meu corazón. carne contra carne, quen será esta vez o carniceiro? quen virá a trocoearme, a trincharme, a cortarme? espero sen esperar pólo lobishome para que veña a devorarme. son carne de presa. música no Aire, drógome con ela e sen ela. pecho os ollos e só hai escuridade. son un náufrago no medio do Océano Pacífico amarrado a unha madeira. abrázome a el e non o solto, vaime a vida niso e seino. Sobrevivo. Só iso. unha vez e outra se fai falla. o instinto de supervivencia na pel da présa, a da especie en extinción. e volvo a mirar cara atrás, hai un ano... o chan é un espello. fuxo ata o mirador que xa coñece todos os meus segredos “hai cousas que non se lle contan a ninguén” susurro cando lle dou as costas á cidade para deixar que o das illas me roube os mellores bicos. non me veredes axeonllarme e pedir o imposible, esta vez non. deixo de querer loitar por un erro.
xa non choro, xa non berro. o único que quero é vivir. con iso son feliz
chúzame -