mercar dúas camisetas. mollarme. camiñar. acabar nunha librería, e parar xusto diante del. andaba eu a buscalo ou andaba el a buscarme? as casualidades non existen. cear e ver a caixa parva un pouco. meterme en cama á unha. ler 142 páxinas dun tirón en tres horas. fóra o vento brúa querendo entrar. durmir abrazada a el. soñar e non lembrar. ás sete e media en pé. ducha e para o bus. dúas horas de clase anestesiada. voume fugar deste zulo. voume para o interior buscando a luz. a cidade semella un barco pesqueiro á deriva. e eu non son boa nadadora, non me apetece naufragar outra vez.
Agora comprendo que a cidade vén detrás de min, que camiño sempre polas mesmas rúas e que é necesario desenterrar a angustia para que non podreza baixo os meus pés. Por esta razón deixo unha cidade e regreso a outra, porque sei que no fondo habito sempre na mesma.



Chuzame! chúzame -