persoal30 mar 2006 06:27 pm
mercar dúas camisetas. mollarme. camiñar. acabar nunha librería, e parar xusto diante del. andaba eu a buscalo ou andaba el a buscarme? as casualidades non existen. cear e ver a caixa parva un pouco. meterme en cama á unha. ler 142 páxinas dun tirón en tres horas. fóra o vento brúa querendo entrar. durmir abrazada a el. soñar e non lembrar. ás sete e media en pé. ducha e para o bus. dúas horas de clase anestesiada. voume fugar deste zulo. voume para o interior buscando a luz. a cidade semella un barco pesqueiro á deriva. e eu non son boa nadadora, non me apetece naufragar outra vez. Agora comprendo que a cidade vén detrás de min, que camiño sempre polas mesmas rúas e que é necesario desenterrar a angustia para que non podreza baixo os meus pés. Por esta razón deixo unha cidade e regreso a outra, porque sei que no fondo habito sempre na mesma.
chúzame -
marzo 31st, 2006 at 2:45 am
Beatriz y los cuerpos celestes??? Se é esse fragmento do princípio do livro, desses paragrafinhos gostei muito no seu momento… gostaria de relê-los a ver se inda me chegavam tanto…
E conheces o poema a cidade de kavafis?
LA CIUDAD
Dijiste: “Iré a otra ciudad, iré a otro mar.
Otra ciudad ha de hallarse mejor que ésta.
Todo esfuerzo mío es una condena escrita;
y está mi corazón - como un cadáver - sepultado.
Mi espíritu hasta cuándo permanecerá en este marasmo.
Donde mis ojos vuelva, donde quiera que mire
oscuras ruinas de mi vida veo aquí,
donde tantos años pasé y destruí y perdí”.
Nuevas tierras no hallarás, no hallarás otros mares.
La ciudad te seguirá. Vagarás
por las mismas calles. Y en los mismos barrios te harás viejo
y en estas mismas casas encanecerás.
Siempre llegarás a esta ciudad. Para otro lugar -no esperes-
no hay barco para ti, no hay camino.
Así como tu vida la arruinaste aquí
en este rincón pequeño, en toda tierra la destruiste.
Konstantin Kavafis
(mas se dúvida “Ítaca” é um himno de vida…)
(aqui por castelló daquela maneira mas é culpa minha TENHO QUE pensar em positivo!! hehe)
(uf, vaia rollo che metim num comentarucho… :S )
abril 1st, 2006 at 12:41 am
dáme profunda tristeza…
eu odio as cidades. dannos moitas cousas, pero tamén nos dan o máis grande dos baleiros
o todo ou a nada. a min gústame ir “ós poucos”, eses poucos que dan os pequenos lugares; os pequenos praceres, en fin
abril 1st, 2006 at 1:23 am
pois si, Betty e os seus corpos celestes. sensacional… e si, tamén coñezo o poema de Kavafis
obrigada por lembraresmo!! (de rollo de comentario nada!!!)
ir aos poucos, hum, non soa mal xD mágoa que eu sexa das de todo. pero os pequenos praceres tamén me teñen enganchada
abril 1st, 2006 at 2:47 pm
Xa sabes q eu tamén son das q o quere todo e de golpe, pero asegúroche que os pequenos praceres, as cousas ós pouquiños…. agradécense máis, fan máis ilusión!!!!