persoal30 mar 2006 01:32 am
esta cidade converteuse nun burato fedorento. e non o aguanto. non deixa de caer sobre nós. auga ácida. veleno que desfai a pel. quero sol. quentarme con el. xogar con el ás agochadas. liarme con el diante de todos. e andar espida por casa todo o dÃa. ter calor. dentro. fóra. segue a chover sen parar. e dáme igual. eu saio, sen paraugas, frÃo, calor, noxo no aire. non deixa que entre a primavera pola rÃa. pero chegará.
chúzame -

2006-03-30 at 1.33 pm
Xa estou de novo por aquÃ!!!
Eu tamén quero calorciño, pero a chuvia ten o seu encanto, pero claro, iso só se pode apreciar na miña, nosa, vosa grande cidade COMPOSTELA!!!!!!!!! hahaha. En Compos a chuvia é arte!!!
2006-03-30 at 3.33 pm
Pero home, en Polonia, en Santiago e ondequera, agora mesmo só hai chuvia. Vigo non ten culpa.
Por certo que este finde volve o sol. Vémonos paseando por Samil!!
2006-03-31 at 11.59 pm
xa choraremos por ela a finais de setembro…
(a min ata me chove na habitación… eu tamén quero que pare un pouco)
2006-04-01 at 12.44 am
a chuvia apréndenos moito… hai que abrir a cabeza
odio os paraugas. son incómodos e inútiles. cando chove prefiro mollarme moito, ser consciente da realidade ao máximo
a metereoloxÃa fainos sabios se nos deixamos querer
2006-04-01 at 1.25 am
a chuvia está ben, pero as flores tamén necesitan da calorciña do sol para medrar. é necesario un equilibrio!!!!!