estudiar (créalo ou non)

perderme polo labirinto (adoro os libros gastados polos uso)

ler (no parque co solciño abrazándome as costas e avós que pasean aos seus netiños)

dar un paseíño, un matrimonio de guiris alemáns (polas pintas)

collidos da man e marabillados con Atenas, recórdanme a meus pais, sorrío ao velos, a muller dáse conta e fítame sorrindo (somos cómplices)

soñar cunha gaivota que non coñecía en persoa (é posible sincronizar os soños de dúas persoas?)

cabrearme comigo mesma, desilusionarme un pouco (a viaxe posponse ata principios do mes das flores)

Ro a piques de marchar ao deserto (que envexa! que envexa!)

perderme soa (eu nunca estou soa)

pola estas rúas que tan ben me coñecen (saben os segredos dos meus beizos)

buscar unha vacina contra o que non vexo (difícil de explicar)

tontear polo messenger e proposicións de amizade eterna (con iso xa me conformo!!!)

abrir a fiestra e quedar durmida (para fuxir por ela a visitar cidades que xa coñezo)

se queres saber máis ten .... .............. de chamarme

Chuzame! chuzame -