a noite do sábado resucitei e volvín ás miñas orixes. xa te botábamos de menos, soltáronme as miñas nenas tomando uns chupitos no Montederramo. camiseta negra, pantalón negros chinos, cinto de tachuelas vermello, a camisa negra que tanto me gusta, chapa, os meus adorados tenis. e a cazadora negra que lles gusta a todos. cómoda, eu máis india ca nunca. no Auriense caíaseme a baba pola exposición de miña irmá, efecto secundario do amor fraternal. é unha artista, que me digan o que queiran. para min, e dígocho de corazón, é un orgullo tervos como amigas. xírome sorprendida a mirala. elas andan a pedir e eu facendo equilibrios por non caer. Sasa mírame sorrinte. non digas iso..., acerto a dicir. o que pasa é que ela nunca se viu cos meus ollos. ten o estigma de ser unha femme fatale, non porque sexa unha víbora, é que todos caen rendidos aos seus pés e despois de dúas frases xa se namoran. o que pasa é que moitos só vén a envoltura e non se dan conta de que o caramelo está xusto debaixo dela... coma un animal salvaxe que intentan domesticar unha e outra vez. un animal que non entende de libros e cadros. funciona só co instinto. intentando sobrevivir. salvaxe, por iso somos amigas. por iso sempre o seremos. vémonos e as apariencias non nos cegan. encántame que cambiases, que sexas así... facíache falla. e rímonos coma parvas e tomámoslle outra. no Trole fártome de bailar cos de New York, e xusto antes de marchar pinchan aos Planetas (b.s.o. para esas 24h da miña vida) e a Xoel. poño a cazadora e ouveando os derradeiros acordes coa convicción de que esta vez son eu a que non vai ceder. así estou de puta madre e non molesto a ninguén.

P.d: ou si? as queixas AQUĂŤ ;)

Chuzame! chúzame -