persoal27 Mar 2006 01:23 pm

a noite do sábado resucitei e volvín ás miñas orixes. xa te botábamos de menos, soltáronme as miñas nenas tomando uns chupitos no Montederramo. camiseta negra, pantalón negros chinos, cinto de tachuelas vermello, a camisa negra que tanto me gusta, chapa, os meus adorados tenis. e a cazadora negra que lles gusta a todos. cómoda, eu máis india ca nunca. no Auriense caíaseme a baba pola exposición de miña irmá, efecto secundario do amor fraternal. é unha artista, que me digan o que queiran. para min, e dígocho de corazón, é un orgullo tervos como amigas. xírome sorprendida a mirala. elas andan a pedir e eu facendo equilibrios por non caer. Sasa mírame sorrinte. non digas iso..., acerto a dicir. o que pasa é que ela nunca se viu cos meus ollos. ten o estigma de ser unha femme fatale, non porque sexa unha víbora, é que todos caen rendidos aos seus pés e despois de dúas frases xa se namoran. o que pasa é que moitos só vén a envoltura e non se dan conta de que o caramelo está xusto debaixo dela... coma un animal salvaxe que intentan domesticar unha e outra vez. un animal que non entende de libros e cadros. funciona só co instinto. intentando sobrevivir. salvaxe, por iso somos amigas. por iso sempre o seremos. vémonos e as apariencias non nos cegan. encántame que cambiases, que sexas así... facíache falla. e rímonos coma parvas e tomámoslle outra. no Trole fártome de bailar cos de New York, e xusto antes de marchar pinchan aos Planetas (b.s.o. para esas 24h da miña vida) e a Xoel. poño a cazadora e ouveando os derradeiros acordes coa convicción de que esta vez son eu a que non vai ceder. así estou de puta madre e non molesto a ninguén.
P.d: ou si? as queixas AQUÍ
chuzame -
Marzo 27th, 2006 at 10:43 pm
Ups, ultimamente pérdome polo teu blog chata… non vas ceder a q? weno tanto ten, se tu opinas q non debes ceder, entón, forza!! eu creo q tamén teño sorte de poder contarte a ti entre as miñas amigas, a q si? bicossss menina
Marzo 28th, 2006 at 1:19 am
pérdeste? ui, pois eu creo que está todo moi claro jejejej. non vou ceder en nada na vida. en NADA, xa o fixen demasiadas veces. creo que si
bicos rula
Marzo 28th, 2006 at 11:31 pm
vaia, dos planetas aos strokes pasando por femmes fatales, por q me perdo sempre o mellor?
Marzo 29th, 2006 at 1:52 am
jajaaj, é que no interior é onde está o mellor do mellor! xD pásete por Atenas!
Marzo 29th, 2006 at 12:31 pm
eso sería introspección territoria galaica!
Marzo 30th, 2006 at 7:41 pm
jajaja pois si, tamén, pero a mellor marcha está en Compostela, en Atenas e en Lugo xDDD yeah!
Abril 1st, 2006 at 12:51 am
esas noites son do mellor
ELAS nunca han chegar a saber o tanto que significan para nós
Abril 1st, 2006 at 2:08 am
… pois non, quizais nunca o saiban, e iso non me gusta nada de nada