foise o temporal e saiu o sol. as cousas cambian, sempre, sempre. fartouse de dicirmo meu avó. ás veces só é cuestión de tempo. a noite do venres foi erótica-festiva. non podía crelo, chistes sobre o bigotes, actores porno e ao final un streaptease dunha tipa que parecía máis unha boneca inchable ca outra cousa. pero non o vin por iso. entre zapping e zapping, a orquestra Teucro, os meus ollos só conseguiron divisar a dúas das xornalistas, ou confundilas. case morro da risa cando vexo que despois de intentar ligar cun dos Del Río e que rematan a actuación póñense a cantarlles a Macarena. están tolas de todo! jajajajajaj ata me sentín como o Big Brother. mágoa non conseguir ver ao resto. unha mensaxe e unha perdida no bicho. e irme pra cama cun sorriso.

Chuzame! chúzame -