persoal24 mar 2006 02:04 am
nin que fose cousa de meigas. xa van catro anos seguidos con vodas na familia. curmáns de miña nai. dentro de cinco meses, outra na vila onde se come o mellor polbo á feira. e outra vez sacarei os tacóns para disfrazarme de moza maior. a que parece imposible que eu saiba andar con eles? é que hai moitas cousas que aínda descoñeces de min...
chúzame -

marzo 24th, 2006 at 8:40 pm
Ben, se hai tantas cousas que non sabemos de ti xa nos as irás ensinando..
marzo 25th, 2006 at 12:37 am
Eu teño boda iste sábado!!!
marzo 25th, 2006 at 1:51 am
claro, pouco a pouco, coma sempre… xDD
o sábado? jajaaj, pois xa sabes, coidado coas cigalas, cos puros e cos cubatas… jejeje deixame adiviñar: é en Redondela?
marzo 25th, 2006 at 1:25 pm
Si, por alí andaremos. Puros e cubatas, nin pensalo. O karma ten que estar limpo xD
marzo 25th, 2006 at 1:56 pm
ui, a saber que vas facer ti co karma ese… ejejej
agosto 13th, 2006 at 6:05 am
[...] rállome, rállome moitísimo. isto non pode seguir así. miña avoa no hospital. 96 anos, microinfartos, case se lles vai en Urxencias e aí a tedes!! viva. VIVA !! de maior quero ser tan forte coma ela… mordo, ladro, e non bico. abstinencia, desgana, pureza, tolemia, medo, sinxelamente que só quero algo máis… Fer, coma un milagro, como que alguén me escoita alá arriba. e el escóitame… mensaxes ás tres da maña, ralladas e eu berrando que só quero estar soa e con medo de abusar e darlle a entender o que agora é imposible [non digo nunca porque xa as paguei pola dichosa frase]. cóidame a peito descuberto, sen pedirme absolutamente nada, sen soñar, pero soñando. achégase coas mellores armas para conquistarme aínda que en min só reina a anarquía. lume. e non entendo nada, só que cando Landis gañou aquela etapa, unha voz berroume que había tongo. veñen os meus tíos de Tarragona. dous días e medio de praia, top-less sen que as meus pais lles importe, saír en Patos e que viva o reggee. churruscarme. voda no Carballiño. vestidito e parezo unha princesa, son unha princesiña. risas, bailar con meu pai. grazas, grazas, grazas, grazas. saír en Atenas. non aguanto e cambio vestido por vaqueiros, tenis, camisa negra e a miña adorada gravata. son demasiado cómoda para ser (máis) presumida. e soñar. a paranoia outra vez. definitivamente váiseme moito a cabeciña. [...]