as chamadas perdidas e despois a chamada. a miña vida está feita de casualidades. sinais que van e veñen.
na academia déixanme máis loira do normal, tanto que semella que lle roubei a luz. unha rapaciña loira que ten un aire coa compañeira de piso de Catuxa lávame a cabeza e córtame. e vaime cortar ela??? ai, que non faga ningún experimento... ten mans de nena, coma min. adoro que me fozen na cabeza. pero como podo ser tan mimosa?? seguro que noutra vida fun gato ou can. ou os dous.

empecei a perder esa curva. pouco a pouco. sigo a comer igual. os meus tenis saben porque é. ando a liberarme de tanta parvada.
Chuzame! chúzame -