a Flaca colleu un coitelo e cravoumo con forza no peito. sorría, non paraba de sorrir. trinchoume coma un pavo e arrancou o meu corazón. xamais pensei que era tan grande. mordeuno. mordeume. despois apuñalouno tantas veces como quixo. quen era ela? venceume. quixen chorar e non puiden. quixen berrar e non puiden. canta dor no meu corazón!!! desangreime, aínda esta mañá ía deixando un rastro do meu sangue pola rúa e no metro. non había escapatoria. como fuxir?? cara onde?? non me movín. parálise absoluta. "agora, covarde, mírame e dime que sentes agora que estou completamente vencida e ferida!. quixen odiar e non puiden. non podo. "estás a matarme, estás a queimarme viva, estás a crucificarme, estás a destrozarme o corazón. non digas que me queres e di para que me queres. quero morrer. átame unha pedra aos pés e tírame ao fondo mar dunha puta vez. mátame ou déixame vivir, pero por favor non me tolees máis"
non me defendín, o meu nunca foron as vinganzas. son das que poñen a outra meixela para recibir máis hostias. tampouco me vou defender, para que? e de novo a maldita partida de xadrez. non hai dous xogadores, somos tres. eu quixen facer a defensa Luzhin, pero a Flaca destrozou á miña raíña. e agora tócalle a el mover. vai gañar e será el o que se quede co meu corazón. vou nun taxi con Alejandro Sanz conducindo e poñemonos a cantar o Corazón Partío a tres voces: Alex, o meu corazón borrachísimo, ferido de morte para sempre e eu. chegamos a Compostela e fun correndo cos pés espidos ata a Quintana dos Mortos. Chamei por Deus, berrei ata que me doeron os ósos, mais el non veu. agora ver quen me cura o corazón, que aínda me doe rabiar. finalmente entre branco e negro, quédome co branco. porque xa me cansei do misterio da escuridade, quero luz na miña vida.
espertei coa cabeza chea de paxaros mollados e nunha cama que se transforma nunha montaña rusa sen avisarme. é o ten a mestura de Festas Erasmus, hamburguesas con de todo, tequila e silencios.
sigo sen poder chorar
FLACA
Flaca, no me claves tus puñales por la espalda
tan profundo, no me duelen, no me hacen mal.
Lejos en el centro de la tierra las raíces del amor
donde estaban quedarán.
Entre "no me olvides" me dejé nuestros abriles olvidados
en el fondo del placar del cuarto de invitados
eran tiempos dorados un pasado mejor.
Aunque: casi me equivoco y te digo poco a poco no me mientas
no me digas la verdad no te quedes callada
no levantes la voz ni me pidas perdón.
Aunque: casi te confieso que también he sido un perro compañero
un perro ideal que aprendió a ladrar
y a volver al hogar para poder comer.
Flaca no me claves tus puñales
por la espalda, tan profundo
no me duelen no me hacen mal.
Lejos en el centro de la tierra las raíces
del amor, donde estaban
quedarán.
chúzame -