persoal27 Feb 2006 01:28 am
miña irmá adórame. mira como me mira. un viño branco e outro. estou simpática vestida de "rata" como di ela. sóltase e fala. é que teño un muro que ás veces me impide demostrar cariño. cóñezoa demasiado ben. eu só podo sorrir. está toda guapa así disfrazada e lucindo tipito. e cada día cústalle menos sorrir. sei de sobra o motivo. logo chegan Ara e súa curmá. son uns duendes ou algo así. na rúa esmorga da boa. unha charanga e toda unha rúa botando á vez. dioooooooossss como me gusta o Entroido!!!! e bailar toda a noite. perdo unha orella e logo a outra. lembreime delas. semella que xa pasaron mil anos dende entón. Boulevar, Trole, Vai-vén e eu dicíndolle ao Matadragóns e o Rápido que o 17 toca el na fábrica. que veñan!!! e Catu tamen!! as seis volvo soa para casa. que lles dixen? mira que ando intrigada... cousas boas, espero. e sempre é igual, o meu corazón aproveitase de que a miña razón está borracha para falar.
o Rei segue soíño durmindo nunha cama que non é súa. e xa me farto de ir de visita, de subir sete pisos andando, de ver esa ferida comezando a cicatrizar e a miña nai durmindo sen a súa compañía. que volva xa que o necesitamos.
chuzame -