alí sentados todos como estaban arredor daquela mesa de pedra, cantando, bailando. sentinme rara. estaba fóra, pero estaba dentro. dúas vidas nun instante. creo que algo cambiou dentro de min. noteino e asusteime. estaba fóra da película sentada no patio de butacas vendo a película, e tamén estaba dentro, facendo de extra. observei as súas caras unha a unha. era tan real que me pareceu un soño. e logo bailar. facer o parvo, máis ben. algunhas con plan para esa noite. si, ao final os koalas son máis apaixoados que os propios lobos. outras tanteando o terreo pouco a pouco. ao teletabi perdino de vista. ten a mesmo ollar de miña irmá. hai moitísimo máis do que o espello amosa. e blue eyes facendo do meu anxo da garda. pufffffff, que desorientada estaba. e confesións mentres o sol comezaba a erguerse. non me mirou raro. tampouco se asustou. gañouse a miña confianza. eu ando co mono dela. maldita síndrome de abstinencia toda a noite. esta vez non caerei na Droga. o que máis amei foi o que máis dano me fixo. pola mañá unha canción na miña cabeza. non me puiden resistir e subín. comín calquera cousa. tamén me crucei con outro ateniense que se vai para o ano para Lisboa. chove e móllanseme os tenis. frío de neve. é o inverno que se despide ata o ano que vén. logo en tren con elas ata vigo. logo un bus e para casa. estou moi cansa. demasiadas emocións para unha soa semana. volverei. hei volver. aí vén a primavera.
Chuzame! chuzame -